James Jones

baloncestista estadounidense

James Andrew Jones, nado en Miami (Florida) o 4 de outubro de 1980, é un ex xogador americano de baloncesto profesional que xogou 14 tempadas na National Basketball Association (NBA). Actualmente é o vicepresidente de operacións baloncestísticas dos Phoenix Suns da NBA.

James Jones
Posición Ala / Escolta
Dorsal 33, 22, 1
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Nacemento 4 de outubro de 1980 (43 anos)
Miami, Florida
Carreira
Universidade Miami (Florida) (1999–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 2 / Elección: 49
Por Indiana Pacers
Tempadas 20032017
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     3 717 (5,2 pp)
Rebotes     1 276 (1,8 pp)
Asistencias     366 (0,5 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Traxectoria deportiva editar

Jones foi seleccionado na 49ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Indiana Pacers, tras saír da Universidade de Miami.[1] Tras xogar tan só 26 minutos[2] en seis partidos durante a súa tempada coma rookie, xogou case a tempada enteira na 2004-05, facendo 4.9 puntos por partido, e quedando 25ª na liga en porcentaxe de triplas anotadas (39.8%).[2]

O 25 de agosto de 2005, foi traspasado aos Phoenix Suns, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2008.[2]

En xuño de 2007, foi traspasado aos Portland Trail Blazers xunto cos dereitos de Rudy Fernández, a cambio de diñeiro.[3] Durante a súa primeira tempada en Portland, Jones mantívose no máis alto nas listas de porcentaxe de anotación de triplas, e rematou 3º cunha porcentaxe dun 44.4%.[4] Malia a súa alta porcentaxe en triplas, non foi escollido para participar no concurso de triplas do All-Star Weekend da NBA de 2008.[5]

O 26 de xuño de 2008, Jones usou a súa opción de xogador para converterse en axente libre e deixar Portland ao remate da tempada.[6] O 9 de xullo de 2008, Jones asinou un contrato cos Miami Heat por 5 anos, cun valor de 23.2 millóns de dólares.

O 29 de xuño de 2010, foi cortado polos Heat para liberar espazo salarial, pero o 19 de xullo asinou de novo con Miami co salario mínimo.[7]

O 19 de febreiro de 2011, gañou o concurso de triplas do All-Star Weekend de 2010, no Staples Center dos Ánxeles. Ao ano seguinte, participou de novo en Orlando, pero quedou eliminado na primeira rolda do concurso.

O 5 de agosto de 2014, asinou cos Cleveland Cavaliers.[8]

Notas editar

  1. Trail Blazers Acquire James Jones and Draft Rights to Rudy Fernandez, Waive Steve Francis
  2. 2,0 2,1 2,2 Pacers Obtain Pick from Suns for Jones
  3. "Suns trade James Jones to Blazers". eastvalleytribune.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  4. "NBA.com 3-point leaders". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2012. 
  5. Casey Holdahl. "James Jones: 'My name is too plain'". Trail Blazers Center Court Blog. 
  6. Jason Quick. "Jones opts out of contract, becomes free agent". The Oregonian, Behind the Blazers Beat. 
  7. HEAT Re-Signs James Jones
  8. "Cavaliers Sign Mike Miller and James Jones". NBA.com. 5 de agosto de 2014. Consultado o 5 de agosto de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar