James Hingston Tuckey

James Hingston[1] Tuckey, nado en Greenhill, preto de Mallow (Condado de Cork), en agosto de 1776 e finado o 4 de outubro de 1816, foi un explorador británico e capitán da a Royal Navy.

Infotaula de personaJames Hingston Tuckey
Biografía
Nacementoagosto de 1776 Editar o valor em Wikidata
Mallow (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de outubro de 1816 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Río Congo Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña
Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónexplorador , botánico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
Rama militarRoyal Navy Editar o valor em Wikidata
Rango militarTenente Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerras da Revolución Francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaTuckey Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fixo o seu inicio militar contra os neerlandeses e os franceses na India e Sri Lanka, tamén combateu contra os franceses no mar Vermello. En 1802 axudou a expandir a colonia británica de Nova Gales do Sur en Australia. En 1805 cando escoltaba un convoi inglés desde a illa de Santa Helena, foi apresado polos franceses, permanecendo encarcerado nove anos. Durante o seu cativerio escribiu Maritime Geography and Statistics, no que ofrecía unha visión integra dos diferentes fenómenos do océano.

En 1816 tratou de explorar o río Congo nunha expedición organizada polo Almirantado británico, que tiña por obxecto a exploración do río Congo e investigar se existía unha conexión entre este río e o río Níxer coas concas da África Occidental e Central. Tuckey navegou dende a súa desembocadura, pero constatou que a parte inicial do río non era navegábel debido aos rápidos existentes, posteriormente chamados Cataratas Livingstone, sobre Matadi, a 160 km do mar. Só atopou ruínas de colonias portuguesas e misioneiros católicos moribundos.

Propuxo enviar misioneiros protestantes ao río Congo. Explorou río arriba, até chegar a 480 km do mar. A maioría da tripulación e dos seus oficiais, morreron de febre, e o mesmo Tuckey morreu o catro de outubro de 1816 en Moanda, na actual República Democrática do Congo. A expedición foi un fracaso pero concitou o interese da exploración do continente africano.

Notas editar

  1. Algunhas fontes o refiren como Kingston Tuckey.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar