James Harris Simons

matemático estadounidense

James Harris Simons, nado en Newton, Massachusetts, en 1938 é un matemático, académico, financeiro, axente de fondos, corretor de bolsa, investidor, especulador e filántropo estadounidense.

Infotaula de personaJames Harris Simons

Simons en 2007
Biografía
Nacemento1938
Newton, Massachusetts, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBrookline (pt) Traducir
Setauket-East Setauket (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de California, Berkeley
Director de teseBertram Kostant (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas, empresa
Ocupaciónmatemático , criptógrafo , científico , financial adviser (en) Traducir , profesor universitario , financeiro , empresario , filántropo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Universidade de Lancaster (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado20.900 M$ (8 de febreiro de 2018)
21.500 M$ (2019)
23.500 M$ (13 de novembro de 2020) Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoJeff Cheeger (pt) Traducir, John Millson (pt) Traducir e Daniel Richard Baker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBarbara Simons
Marilyn Hawrys (presente)[1]
ParentesRichard Lourie (pt) Traducir (curmán entregue) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
5 de novembro de 2017Paradise Papers Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Oswald Veblen (1976)

TED: jim_simons WikiTree: Simons-2506 Editar o valor em Wikidata

En 1982, despois da súa carreira académica como matemático, Simons fundou Renaissance Technologies Corporation, unha firma de investimentos privada con sede en Nova York, con máis de 15 000 millóns de dólares en activos. Simons continúa a ser o seu presidente executivo, do que é un dos fondos de alto risco con máis éxito do mundo.[2]

Traxectoria editar

James Simons é neto do propietario dunha fábrica de zapatos en Massachusetts.[3] Obtivo o grao de Bachelor of Science (BS) en matemáticas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) en 1958,[4] e o grao de Doctor of Philosophy (Ph.D.), tamén en matemáticas na Universidade de California, Berkeley en 1961[5] aos 23 anos.

Entre 1964 e 1968, traballou na Communications Research Division do Institute for Defense Analyses (IDA). Simons foi profesor de matemáticas no MIT e na Universidade Harvard. En 1968, foi nomeado presidente do departamento de matemáticas na Universidade de Stony Brook.

En 1976, Simons gañou o Premio Oswald Veblen en xeometría da Sociedade Estadounidense de Matemáticas polo seu traballo no que revisaba as formas características das superficies mínimas, o que deu lugar á súa proba sobre a conxectura Bernstein e unha mellora dunha certa regularidade dos resultados de Wendell H. Fleming nunha xeneralización do problema de Plateau.

Entre as investigacións máis influentes nas que participou Simons inclúese o descubrimento e a aplicación de determinadas medicións xeométricas, as formas de Chern-Simons, tamén coñecidas como invariantes de Chern-Simons. En 1974, a súa teoría foi publicada en 'Characteristic Forms and Geometric Invariants xunto con Shiing-Shen Chern. A teoría emprégase na física teórica e en particular na teoría de cordas.

En 1978, deixou a carreira académica para fundar Renaissance Technologies, un fondo de investimento constituído con fondos de investimento libre (hedge funds), materias primas e outros derivados financeiros.

Notas editar

  1. Teitelbaum, Richard (Xaneiro de 2008). "The Code Breaker". Bloomberg Markets Magazine. Bloomberg LP. Consultado o 7-1-2010. 
  2. Lux, Hal (1 de novembro de 2000). "The secret world of Jim Simons" (PDF) (en inglés). Institutional Investor. Consultado o 14 de abril de 2022. 
  3. [1][Ligazón morta]
  4. [2]
  5. "The Mathematics Genealogy Project - James Simons". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de abril de 2017.