James Francis Stephens

Ornitólogo e entomólogo bitánico


James Francis Stephens, nado en Shoreham-by-Sea, distrito de Adur, condado de Sussex Occidental o 16 de setembro de 1792, e finado en Kensington, Gran Londres, o 22 de decembro de 1852, foi un naturalista inglés, especializado en ornitoloxía e entomoloxía.

Infotaula de personaJames Francis Stephens
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1792
Shoreham-by-Sea, Adur, Sussex Occidental
Morte22 de decembro de 1852
Kensington, Gran Londres
Datos persoais
País de nacionalidadebritánica
EducaciónChrist's Hospital
Actividade
Campo de traballoEntomoloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónornitólogo, entomólogo
EmpregadorMuseo Británico
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaStephens Editar o valor em Wikidata
Arquivos en

Traxectoria editar

James Francis Stephens era fillo do capitán de navío William James Stephens e da súa esposa Mary Peck. Estudou no Blue Coat School, en Hertford, onde xa se mostrou intere sado pola historia natural. Despois formouse no Christ's Hospital de Londres. En 1800 foi enviado a estudar baixo a dirección de Shute Barrington, bispo de Durham.

Desde 1807 até 1845 traballou en Somerset House como funcionario do Almirantado británico.[1] En 1822 casou con Sarah, filla do capitán Roberts.

Escribiu o manuscrito Catálogo de Animais Británicos en 1808. Foi elixido membro da Sociedade Linneana de Londres o 17 de febreiro de 1815, e da Sociedade Zoolóxica de Londres en 1826.

Entre 1815 e 1825 interesouse pola ornitoloxía e colaborou no traballo de George Shaw (1751-1813).

 
Ilustracións de tricópteros en Illustrations of British Entomology.

En 1818 concedéuselle unha licenza no seu emprego para que axudara a William Elford Leach a organizar a súa colección de insectos no Museo Británico.

Retornou ao Almirantado, pero os conflitos cos seus superiores levárono a renunciar antes de completar o tempo para obter a súa pensión de xubilación.

Desde 1819 dedicouse a traballar, sen remuneración, no Museo Británico, describindo durante o seu labor polo menos 2 800 especies de insectos.[1][2] En 1833 foi un dos fundadores da que chegaría a ser a Royal Entomological Society of London.

Stephens formou unha gran colección de insectos, incluíndo moitos espécimes tipo. Charles Darwin, cando estudaba na Universidade de Cambridge, era un entusiasta coleccionista de insectos e envioulle a Stephens os rexistros dos insectos máis raros que capturara e alegrouse moito cando Stephen deulle creto nas Illustrations of British Entomology pola captura dos insectos descritos en 33 entradas. Darwin escribiu na súa autobiografía que "ningún poeta sentiu más gozo ao ver o seu primeiro poema publicado que eu ao ver nas ilustracións de Stephen as palabras máxicas: capturado por C. Darwin".[3]

Tras a morte de Stephens, a súa colección de insectos foi adquirida polo Museo Británico. A súa biblioteca foi comprada por Henry Tibbats Stainton (1822-1892), quen mantivo a tradición do seu propietario orixinal de poñer os libros a disposición doutros entomólogos as noites dos mércores. Stainton tamén publicou un catálogo destes libros, a Bibliotheca Stephensiana (1853).[1]

Obras editar

  • General zoology or Systematic natural history, Londres, impreso para G. Kearsley en parte con George Shaw e só o autor dos últimos 6 voumes de 16, tras o deceso de George Shaw (1800–1826) - I-II Mammalia (1800), III- Amphibia (1802), Pisces (1803-4), VI Insecta (1806), VII-VIII Aves (1809-120, IX-XIV, pt. 1. Aves (J. F. Stephens alone) (1815–26), XIV, pt. 2 General index to the zoology by G. Shaw e J. F. Stephens (1826)
  • Nomenclature of British Insects: Being a Compendious List of Such Species (1829).
  • A systematic Catalogue of British insects: being an attempt to arrange all the hitherto discovered indigenous insects in accordance with their natural affinities. Containing also the references to every English writer on entomology, and to the principal foreign authors. With all the published British genera to the present time(1829).
  • Illustrations of British Entomology; or, a synopsis of indigenous insects, containing their generic and specific distinctions; with an account of their metamorphoses, times of appearance, localities, food, and economy, as far as practicable, 10 v. (1828–1846).

Abreviatura editar

A abreviatura Stephens emprégase para recoñecer a James Francis Stephens como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Foote, Yolanda (2004). "Stephens, James Francis (1792–1852)". Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press. doi:10.1093/ref:odnb/26385. 
  2. Jarvis, C. Mackechnie (1976). "A history of the British Coleoptera". Proceedings and Transactions of the British Entomological and Natural History Society 8 (4): 91–112. 
  3. Darwin Online: Darwin's insects in Stephens' Illustrations of British entomology (1829-32).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar