James Connolly, nado en Edimburgo o 5 de xuño de 1868 e finado en Dublín o 12 de maio de 1916, foi un líder obreiro irlandés e socialista.

Infotaula de personaJames Connolly

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ga) Séamas Ó Conghaile
(en) James Connolly Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xuño de 1868 Editar o valor em Wikidata
Edimburgo Editar o valor em Wikidata
Morte12 de maio de 1916 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Dublín Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaArbour Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesperantista , político , sindicalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1913 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoPartido Republicano Socialista Irlandés Editar o valor em Wikidata
LinguaEsperanto e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeExército Cidadán Irlandés Editar o valor em Wikidata
Rama militarExército Británico Editar o valor em Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeLillie Connolly (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosRoddy Connolly (pt) Traducir, Nora Connolly O'Brien (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Connolly-822 Find a Grave: 4276 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de pais emigrantes irlandeses, deixou a escola para traballar ós once anos, e posteriormente converteuse nun dos líderes políticos da esquerda do seu momento. É posible que entrase no Exército británico ós catorce anos, sendo destinado a Dublín, onde ao parecer coñeceu a que sería a súa esposa.

En 1892 era unha figura importante da Federación Socialista Escocesa, converténdose en secretario xeral da mesma tres anos máis tarde. En 1896 deixou o Exército e formou o Partido Republicano Socialista Irlandés. Mentres se encontraba en chan británico, foi un dos fundadores do Partido Laborista Socialista, que se separou da Federación Socialdemócrata en 1903. Era a man dereita de James Larkin no Sindicato de Traballadores Transportistas. En 1913 en resposta ó peche patronal dese ano, formou o Exército Cidadán Irlandés, un grupo de traballadores adestrados e armados que loitaban por defender ós traballadores e organizaban folgas. Tan só estivo formado por unhas 250 persoas. O seu obxectivo último era o establecemento dunha nación irlandesa socialista e independente, libre da ocupación británica.

Connolly consideraba á organización de Voluntarios Irlandeses demasiado burguesa, e pouco preocupados pola independencia económica de Irlanda. En 1915, buscando realizar unha acción decisiva contra as forzas británicas, estaba disposto a adoptar accións inmediatas. Tal acción alarmou ós membros da Irmandade Republicana Irlandesa, que realizara unha labor de infiltración dentro dos Voluntarios, e programaba unha insurrección en varios anos. Os líderes da Irmandade, incluíndo a Tom Clarke e Patrick Pearse, reuníronse con Connolly con vistas a acadar un acordo. Aínda que se afirmou que foi secuestrado por iso, a devandita idea foi rexeitada con posterioridade. En calquera caso, desapareceu durante tres días sen explicación algunha.

En 1916 Connolly xa era comandante da Brigada de Dublín, e participou no Alzamento de Pascua contra as forzas británicas. Foi gravemente ferido na batalla, e posteriormente executado o 12 de maio de 1916 na prisión de Kilmainham.

O seu legado en Irlanda é de gran relevancia pola súa contribución á causa nacionalista. Así mesmo, o seu marxismo foi analizado e reivindicado por distintos pensadores e organizacións políticas, tanto dentro coma fóra de Irlanda. A súa obra escrita está fundamentalmente baseada en artigos, e mostra un pensamento no que se pretende unir o nacionalismo irlandés, o marxismo e o catolicismo.

Connolly foi un dos poucos esquerdistas que se opuxeron á primeira guerra mundial, o cal provocou o odio de varios líderes socialistas de Europa. Segundo parece, Lenin foi un grande admirador de Connolly, aínda que nunca se coñeceron en persoa. Lenin enfrontouse nalgunha das súas obras ós que consideraban á rebelión en Irlanda burguesa, sinalando que non existía unha revolución pura, e os comunistas debían buscar a unidade con outras forzas sociais.

En Escocia, o seu pensamento influíu a socialistas como John Maclean, tamén interesado en combinar ideas nacionalistas e marxistas, para o cal creou o Partido Republicano Obreiro Escocés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar