Jalal-Abad (tamén coñecido como Jalalabat; en kirguiz: Жалалабат, جالال-ابات, Jalal-Abat, [dʒɑlɑlɑbɑt]) é a capital e centro económico da rexión de Jalal-Abad no sur do Kirguistán. A cidade ten unha área de 88 quilómetros cadrados e unha poboación de 97,172 habitantes en 2009. Está situada ao nordés do Val de Fergana, moi preto da fronteira con Uzbekistán.

Modelo:Xeografía políticaJalal-Abad
Imaxe

Localización
Mapa
 40°56′N 72°59′L / 40.94, 72.99Coordenadas: 40°56′N 72°59′L / 40.94, 72.99
EstadoKirguizistán
Subdivisões (pt) TraducirRexión de Jalal-Abad Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación89.004 (2009) Editar o valor em Wikidata (1.011,41 hab./km²)
Xeografía
Superficie88 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude763 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+6 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webjalalabad.kg Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Unha das polas máis importantes da ruta da Seda no Kirguistán pasaba por Jalalabat e a rexión xogou un importante papel en albergar viaxeiros durante centos de anos.

No século XIX unha pequena fortaleza Kokand foi construída e unha pequena qishtaq foi construída nos arredores desta. A xente local adícabase á agricultura, o comercio e a proporcionar servizos aos peregrinos que visitaban o spá de Azreti-Ayup-Paygambar que se dicía que as súas augas curaban leprosos. Na década de 1870, migrantes rusos chegaron á rexión e converteron a cidade nunha cidade de guardición e construíron un hospital militar.

Xeografía editar

Clima editar

Jalal-Abad ten un clima continental caloroso de verán seco acorde coa Clasificación climática de Köppen. Hai máis chuvia en inverno que no verán. A temperatura media é de 12,3 °C.

Datos climáticos para Jalal-Abad
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 1,7 4,6 12,5 21,2 26,5 31,5 33,1 31,5 27,1 19,7 11,2 4,0 18,72
Media mínima en °C −7,8 −5,3 1,6 8,5 13,0 16,5 18,1 16,1 11,1 5,3 −0,4 −4,7 6
Precipitación media mm 37 44 58 62 52 23 12 5 9 43 35 36 416
Fonte: Climate-Data.org,Climate data

Notas editar