Jakub Walerian Tumanowicz

Jakub Walerian Tumanowicz[1] (en ucraíno: Якуб Валеріан Туманович, "Yakub Valerian Tumanovych"), nado o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów e finado o 2 de setembro de 1798 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv entre 1783 e 1798.

Jakub Walerian Tumanowicz
Якуб Валеріан Туманович
Arcebispo da Igrexa Católica Armenia
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1714
Pasamento2 de setembro de 1798
Ordes
Consagración episcopal17 de maio de 1772, por Wacław Hieronim Sierakowski
Arcebispo metropolitano de Lviv dos armenios
1783 - 1798
PredecesorJakub Stefan Augustynowicz
SucesorJan Jakub Symonowicz
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Naceu nunha familia armenia o 14 de xullo de 1714 en Stanisławów (hoxe Stanislaviv, en Ucraína), e foi bautizado en Kamianets-Podilskyi. Estudou no colexio teatino de Lviv e posteriormente foi ordenado sacerdote cda arquidiocese de Lviv. Exerceu inicialmente como vigairo na catedral arquidiocesana, e posteriormente foi párroco da mesma. Da súa etapa como párroco se conservan dous sermóns con ocasión da coroación da icona da Virxe María na igrexa dominicana de Lviv en 1751.

O 1 de xuño de 1771 foi elixido bispo coadxutor da arquidiocese, con dereito de sucesión. O 16 de decembro do mesmo ano a súa elección foi aprobada polo papa Clemente XIV. Foi consagrado bispo o 17 de maio de 1772 polo arcebispo latino de Lviv, Wacław Hieronim Sierakowski. Logo do pasamento de Jakub Stefan Augustynowicz en 1783, pasou a ser o arcebispo de Lviv dos armenios.

Coa primeira partición de Polonia as autoridades austríacas realizaron varios cambios na arquidiocese: en 1784 foi pechado o colexio dos teatinos, foron pechadas tamén as igrexas parroquiais de Santa Ana e da Santa Cruz, e o número de parroquias foi reducido de 18 a 8; en 1785 a escola das Irmás Bieitas Armenias foi secularizada; e en 1791 todos os bancos armenios foron unidos nun único montepío.

Malia a situación adversa, Tumanowicz se implicou na construción de novas igrexas: en 1791 consagrou igrexas en Kamianets-Podilskyi, Mohyliv-Podilskyi, e outros lugares. Tamén financiou a fabricación de dúas novas campás para a catedral, construíu un novo campanario na vila de Lysets, e reparou as casas parroquiais de Lviv e de Kamianets-Podilskyi.

Notas editar

  1. Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Jakub Stefan Augustynowicz
 Arcebispo de Lviv 
1783 - 1798
Sucesor:
Jan Jakub Symonowicz