Jakub Kostiuczuk, nado como Jan en Narew (RP de Polonia) o 22 de outubro de 1966, é un eclesiástico ortodoxo polaco, dende 1998 arcebispo de Białystok-Gdańsk.

Jakub Kostiuczuk
Arcebispo da Igrexa ortodoxa polaca
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1966 en Narew, RP de Polonia
Ordes
Ordenación sacerdotal1993
Consagración episcopal1998
Arcebispo de Białystok-Gdańsk
1998 - actualidade
PredecesorSawa Hrycuniak

Traxectoria editar

Estudou na escola técnica de elecricidade de Białystok, e posteriormente traballou como electricista. En 1987 entrou no mosteiro da Asunción de Supraśl onde recibiu as ordes menores. No mesmo ano, comezou estudos na Academia Teolóxica de Moscova no mosteiro da Santa Trindade-San Serxio, graduándose en 1992.

En 1989 recibiu a ordenación diaconal de mans do arcebispo Sawa Hrycuniak, e en 1993 foi ordenado sacerdote.

O 11 de maio de 1998 foi elevado ao episcopado co título de bispo de Supraśl (sé titular) e o Sínodo da Igrexa ortodoxa autocéfala polaca encargoulle a atención pastoral da mocidade. O 30 de marzo de 1999 foi nomeado arcebispo de Białystok-Gdańsk.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Dignidades da Igrexa ortodoxa
Predecesor:
Sawa Hrycuniak
 Arcebispo de Białystok-Gdańsk 
dende 1998
Sucesor:
(no cargo)