Jaime Lorente

actor español

Jaime Lorente López, nado en Murcia, o 12 de decembro de 1991, é un actor español coñecido polos seus papeis de "Denver" na serie La casa de papel (2017) e "Nano" en Elite (2018).[1]

Infotaula de personaJaime Lorente

(2020) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de decembro de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Murcia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , escritor , modelo , actor de teatro , actor de cinema , cantante , actor de televisión , rapeiro Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2016 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
ParellaMaría Pedraza (2018–2020) Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7931969 Allocine: 260782 Rottentomatoes: celebrity/jaime_lorente Metacritic: person/jaime-lorente
Instagram: jaimelorentelo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Jaime Lorente López é un actor graduado na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Murcia[2] e ten un máster en estudos avanzados de teatro pola UNIR.[3] Ademais de adicarse á interpretación, fai danza contemporánea.[4]

Teatro editar

Participou en obras de teatro como Equus, pola que gañou o Premio a Mellor Actor na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvent. Participou tamén en numerosas obras de teatro como El público ou De fuera vendrá (2014).[4]

Televisión editar

Na televisión, a súa carreira interpretativa comezou da man de Antena 3, conseguindo por primeira vez un papel en El secreto de Puente Viejo, onde interpretaba a Elías Mato.[5] En 2017 formou parte do elenco principal de La casa de papel onde deu vida a "Denver". Con este papel logrou a fama mundial, grazas á emisión da serie en diferentes países a través de Netflix, e interpretou tamén a "Nano" na segunda serie española orixinal desta plataforma: Elite, a cal se estreou en outubro de 2018. Ten pendente a produción da terceira parte de La casa de papel, que sairá en 2019.

Cine editar

Máis breve é a súa carreira no cine, realizando papeis en películas como Todos lo saben ou La sombra de la lei. En setembro de 2018, comezou a rodar a película de Jota Linares para Netflix ¿A quién te llevarías a una isla desierta?, na que dá vida a Marcos e comparte repartición por terceira vez con María Pedraza.

En 2020, Lorente protagonizou, para Amazon Prime Video, a serie de ambientación histórica El Cid, dando vida a Rodrigo Díaz de Vivar, alcumado "El Cid".[6]

Recoñecementos editar

  • En 2018, foi nomeado ao “Mellor actor secundario en televisión” por “La casa de papel”, pola Unión de Actores[7]
  • En 2019, foi nomeado ao “Mellor actor de reparto en televisión” por “La casa de papel”, pola Unión de Actores.[3]
  • Premio Mellor Actor por “Equus”, na primeira edición dos Premios María Jesús Sirvert.[3]

Filmografía editar

Cine editar

Ano Título Director
2018 Todos lo saben Asghar Farhadi
La sombra de la ley Dani de la Torre
2019 ¿A quién te llevarías a una isla desierta? Jota Linares
2021 El último kilómetro Joaquín Carmona

Televisión editar

Ano Título Personaxe Cadena Notas
2016 El secreto de Puente Viejo Elías Mato Antena 3 27 episodios
2017 - presente La casa de papel Daniel «Denver» Ramos Netflix ¿? episodios
2018 - 2019 Élite Fernando «Nano» García Domínguez 13 episodios
2020 - presente El Cid Rodrigo Díaz de Vivar Amazon Prime Video ¿?episodios

Premios e nomeamentos editar

Ano Premio Categoría Traballo Resultado
2018 Premio da Unión de Actores e Actrices Televisión: Mellor actor secundario La casa de papel Nomeado
2019 Televisión: Mellor actor de repartición Nomeado[7]

Notas editar

  1. Ficha e biografía de Jaime Lorente en FormulaTV
  2. Marqués, Alba (5 de maio de 2019). "Jaime Lorente, la cara murciana de Netflix". laopiniondemurcia.es (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Jaime Lorente". maydel.es (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Redacción (7 de febreiro de 2020). "'La casa de papel' se cuela en el Salón del Cómic de València". valenciaplaza.com (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  5. Redacción (24 de febreiro de 2020). "El trágico desenlace de Jaime Lorente en 'El secreto de Puente Viejo' antes de su éxito en 'La casa de papel'". antena3.com (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  6. Epik (23 de xullo de 2019). "Jaime Lorente será 'El Cid' en la mayor serie histórica jamás hecha en España". as.com (en castelán). Consultado o 8 de abril de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Spanish Actors Union". imdb.com (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2021.