Os jagunzo eran homes fóra da lei, que a finais do século XIX no Brasil ían en bandas e servían ó xefe político que lles pagara mellor. Verdadeiros responsábeis de facer a vontade dos Coroneles (terratenentes feudais brasileiros do XIX), os iagunzos usaban o medo e a violencia como arma política.

No Sertón, moitas veces os intereses de coroneles rivais entraban en conflito e as súas disputas eran resoltas polas bandas de jagunzos en verdadeiras guerras. Conforme avanzaba a autoridade e forzas policiais do Estado Brasileiro foron decrecendo o número de jagunzos, e algúns deles fixéronse logo canganceiros.