Jacquet Berchem

compositor belga

Jacquet Berchem (tamén coñecido cos nomes de Giachet ou Giachetto Berchem e Jakob van Berchem), nado na cidade belga de Antuerpen cara a 1505 e finado na vila italiana de Monopoli antes do 2 de marzo de 1567[1],[2], foi un compositor renacentista da escola de francoflamenga. A mediados do século XVI adquiriu moita sona en Italia por mor dos seus madrigais; preto de dous centenares deles foron impresos en Venecia, e algúns reeditados varias veces debido á súa alta popularidade. Rabelais menciónao no seu Cuarto Libro, e a partitura dun dos seus madrigais aparece no cadro Le Joueur de Luth ("O tocador de laúde"), de Caravaggio.

Infotaula de personaJacquet Berchem
Biografía
Nacementoc. 1505 Editar o valor em Wikidata
Berchem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mortec. 1565 (<2 de marzo de 1567) Editar o valor em Wikidata (59/60 anos)
Monopoli (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mestre de capela Verona Cathedral (en) Traducir
1546 – 1550 Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica e Música renacentista Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Flandres Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncompositor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 42eea445-6a19-44bf-bb13-63f965914832 Discogs: 2075167 IMSLP: Category:Berchem,_Jacquet_de Allmusic: mn0001625490 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
A torre da campá da catedral de Verona, onde Jacquet de Berchem exerceu como mestre de capela entre 1546 e 1550.

Jacquet de Berchem naceu en torno a 1505 en Berchem (hoxe un distrito de Antuerpen). Os primeiros documentos que se conservan nos que aparece mencionado datan de 1539. Nesa época vivía en Venecia e, igual que moitos músicos provenientes dos Países Baixos. En 1538 ou 1539[3], algúns dos seus madrigais foron publicados en Venecia por Antonio Gardano, en antoloxías colectivas que incluían outros de autores salientables, como Jacques Arcadelt.

É probable que estudase con Adrien Willaert, o fundador da escola veneciana.

A súa reputación foi medrando e publicou o seu primeiro libro de madrigais en 1546. Coa intermediación de Willaert coñeceu outros músicos, cos que se relacionou, ademais de persoas notables da sociedade, como Marcantonio Trivisano, doge de Venecia en 1553 ou 1554, a quen dedica algunhas das súas obras.[4]

Entre 1546 e 1550, Berchem foi mestre de capela na catedral de Santa María Matricolare, en Verona. Algunhas das obras que compuxo no principio da década de 1550 están dedicadas a Alfonso II d'Este, duque de Ferrara, en cuxa corte puido ter traballado. Arredor de 1550 Berchem marchou de Verona e comezou a buscar emprego noutros lugares de Italia.

En 1553 casou con Giustina de Simoenibus, que procedía dunha familia nobre da zona de Monopoli, vila na que pasa o resto da súa vida, cunha relativa comodidade, grazas ao patrocinio do gobernador, o bispo de Monopoli, e aos recursos da súa esposa.

Obra editar

Jacquet de Berchem escribiu algunhas obras sacras: atribúenselle con certeza dúas misas e nove motetes, de estilo "conservador", xa que utiliza o cantus firmus e o canon moi utilizados xa pola xeración de compositores que o precederon.

Porén, a súa reputación débese principalmente aos dous centos de obras profanas da súa autoría que chegaron anós. A maioría son madrigais e cancións italianas e francesas. O seu estilo variou ao longo da súa vida: os primeiros madrigais, como os da escolma de 1546, tenden ás texturas polifónicas habituais da escola francoflamenga, entanto que os derradeiros, como os da escolma de 1561, son máis homophonic e silábicos, moitas veces cunha declamación rápida de texto. O tema da maioría deles é o amor, xeralmente non correspondido. Pónselle música a textos de Petrarca, deAriosto, de Luigi Tansillo, Luigi Cassola etc.

Unha das obras máis ambiciosas foi a musicación en 91 estanzas de Orlando furioso, de Ariosto, titulada Capriccio (trátase do primeiro uso coñecido deste termo como título dunha obra musical), publicado por primeira vez na colleita de 1561 publicada por Antonio Gardano.[5]

Alla dolc"ombra, publicado en 1544, foi quizais o primeiro intento de creación dun ciclo de madrigais, antes dos grupos de madrigais de Vicenzo Ruffo, tamén activo no Norte de Italia na mesma época. Os ciclos de madrigais son unha das formas musicais precursoras da ópera.

Listaxe de obras editar

  • Misas
    • Mort et fortune (a catro voces).
    • Mort ou merci (a cinco voces).
  • Motetes sacros
    • Ave virgo gloriosa (a cinco voces).
    • Factum est verbum (a seis voces).
    • Hodie in Jordane (a seis voces).
    • In te signis radians (a seis voces).
    • O felix regina (a cinco voces).
    • O lux et decus Hispaniae (a cinco voces).
    • Peccantem me quotidiae (a seis voces).
    • Qualis es dilecta mea (a seis voces).
  • Motetes profanos
    • Unica lux Venetum (a catro voces).
    • Audite insulae (a seis voces).
    • Gaude et laetare (a cinco voces).
  • Madrigais
    • Il sol giamail non vidde.
    • Modanna se volete.
    • S’amor non è.
    • Tanto mi piacque.
    • Come del gran pianet’.
    • Come havrà vita amor (Cassola).
    • Con pura bianca neve.
    • Così ti donn’il ciel.
    • Crudel tu pur.
    • Deh cara la mia vita.
    • Deh com’è spenta.
    • Donna che veramente.
    • D’un altro fuoco.
    • Fuggite ’l sono (Petrarca).
    • Hor cruda hor pia.
    • Hor date orecchie.
    • Hor mi scacci.
    • L’alto mio amor.
    • L’infinità beltà.
    • Ma non me ’l tolse (Petrarca).
    • Mai non vo più cantar (Petrarca).
    • O felici occhi miei.
    • Perchè non date.
    • Poiche tante nemiche.
    • Qual mort’ è strana più (Cassola).
    • Quei bei pensier.
    • Quel rossignol (Petrarca).
    • Questi ch’inditio fan (Ariosto).
    • Scende da bei vostri occhi.
    • Si è debile (Petrarca).
    • Voi ch’ascoltate (Petrarca).
    • Non vid’il mondo si leggiadri rami (a cinco voces).
    • Un lauro mi difese (a tres voces).
    • Però più ferm’ ogni’hor (a catro voces).
    • Selve sassi campagni (a cinco voces).
    • Tanto mi piacque (a seis voces).
    • Consumandomi vo (a cinco voces).
    • Deh s’io sentisse (a cinco voces).
    • O miracol d’amor (a cinco voces).
    • Ma s’io non posso (a cinco voces).
    • Ma più tosto vorrei (a catro voces).
    • Deh s’io sentisse (a cinco voces).
    • Quanto sarei felice (a cinco voces).
    • Ite caldi sospiri (a cinco voces).
    • Lasso che desiando (a cinco voces).
    • Ma s’io non posso (a cinco voces).
    • Madonna poi ch’uccider (a cinco voces).
    • Non vid’il mondo si leggiadri rami (a cinco voces).
    • O amorose mamelle (a cinco voces).
    • O miracol d’amor (a cinco voces).
    • Qual iniqua mia sorte (a cinco voces).
    • Quanto sarei felice (a cinco voces).
    • Se foste voi dal mondo (a cinco voces).
    • Se una fede amoroso (a cinco voces).
    • Selve sassi campagni (a cinco voces).
    • Volgendo gli occhi. Alla dolc’ombra (a cinco voces).
    • A qualunque animal (Petrarca).
    • Al più cocente raggio.
    • Alma diletta sposa (Cassola).
    • Ben mille volte (Cassola).
    • Chiunque in petto.
    • Cogliete delle spine.
    • Con lei fuss’ io (Petrarca).
    • Deh perchè così presto.
    • Dolor ch’hai fatto.
    • Donna se voi volete.
    • Et io da che (Petrarca).
    • Giovene Donna (Petrarca).
    • Glorioso pastore.
    • Hor vedi amor (Petrarca).
    • Io mi sento (Cassola).
    • Io non saprei (Cassola).
    • Nasce dal pensier mio.
    • Non credo che (Petrarca).
    • Non muto qualità.
    • Non vidd’ il sol giammai.
    • Occhi pianger’e tu (Cassola).
    • O dolci sguardi (Petrarca).
    • Prima ch’i torni (Petrarca).
    • Quando fra l’altre donne (Petrarca).
    • Quando la sera (Petrarca).
    • Se la mia donna (Cassola).
    • Si vario ’l mio.
    • Vagh’ augelletto (Petrarca).
    • Vist’ho più volt’ (Cassola).
    • Voi pur udite.
    • Aspro core.
    • Misero lui.
    • O dolci sguardi.
    • Non credo che pascesse.
    • Troppo fallò.
    • O s’io potessi.
    • Altro non è ’l mio amor.
    • Amar’ un sol’ amante.
    • Aspro cor’e selvaggio.
    • Chi vuol veder.
    • Ma più vorrei (a cinco voces).
    • Misero lui sopra tutti.
    • O s’io potessi
    • Perchè non date voi
    • Però più fermo (a cinco voces).
    • Pungete dardo.
    • Qual anima ignorante.
    • Quando son più lontan.
    • Quante lagrime lasso.
    • Quell’ardente desir.
    • Ragion’ è ben.
    • Sapete amanti.
    • Troppo scarsa, Madonna.
    • Vostra fui.
    • Un lauro mi difese (a cinco voces).
  • Cancións
    • Celle qui est (a catro voces).
    • Jehan de lagny (a catro voces).
    • Las qu’on (a cinco voces).
    • Las que mon dueil (a catro voces).
    • L’aultre jour je vis un galland (a catro voces).
    • Ma fille disoit (a catro voces).
    • Plus ne suis (a catro voces).
    • Que feu craintif (a catro voces).
    • Si envieulx (a catro voces).
    • Sur tous amans (a catro voces).
    • Ung moins amant (a cinco voces).
    • Veu le grief (a cinco voces).

Influencia editar

 
Caravaggio, O tocador de laúde (1595-1596). Ermitage, San Petersburgo.

Os madrigais de Berchem foron amplamente imprimidos e distribuídos, frecuentemente en versións instrumentais. Este é o caso da partitura para laúde que aparece na táboa de Caravaggio O tocador de laúde, pintada preto de medio século despois da primeira publicación da obra representada. Algúns libros publicados no século XVII inclúen tamén diversas obras de Berchem.

Berchem foi confundido moitas veces con outros compositores da época tamén chamados "Jacquet" ou "Jacques". Quizais sexa por este motivo, entre outros, polo que procurou para publicar os seus madrigais en antoloxías que conteñen unicamente as súas propias obras, práctica pouco común na época. No limiar do libro de madrigais para cinco voces, publicado en 1546, fai referencia explícita a corbeaux qui se parent des plumes de l'aigle ("corvos que se engalanan con plumas de aguia"), en clara referencia aos plaxiadores e aos de atribución da autoría.[6]

François Rabelais menciona a Berchem no prólogo do Cuarto Libro (1546), situándoo á fin dunha listaxe dos máis célebres músicos da época, que comeza con Josquin des Prés e Johannes Ockeghem

Notas editar

  1. Domenico Morgante. "Jachet de Berchem". En Dizionario Enciclopedico Universale della Musica e dei Musicisti. La Biografie. Volume III. Turín. UTET, 1986. (En italiano)
  2. George Nugent. "Jacquet de Berchem". Grove Music Online (grovemusic.com). (En inglés)
  3. Lewis, Mary S. Antonio Gardano, Venetian Music Printer, 1538-1569: A Descriptive Bibliography and Historical Study. Routledge, 1988. Páxina 71. [ISBN 0-824-08455-1] (En inglés)
  4. Lewis, Mary S. Antonio Gardano, Venetian Music Printer, 1538-1569: A Descriptive Bibliography and Historical Study. Routledge, 1988. Páxina 73. [ISBN 0-824-08455-1] (En inglés)
  5. Lewis, Mary S. Antonio Gardano, Venetian Music Printer, 1538-1569: A Descriptive Bibliography and Historical Study. Routledge, 1988. Páxina 74. [ISBN 0-824-08455-1] (En Inglés)
  6. Atlas, Allan W. Renaissance Music: Music in Western Europe, 1400-1600. Nova York, W. W. Norton & Co. 1998. Páxina 467. [ISBN 0-393-97169-4] (En inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar