Jacques Paul Migne

Jacques Paul Migne, nado en Saint-Flour o 25 de outubro de 1800 e finado en París o 24 de outubro de 1875, foi un sacerdote francés cuxa obra máis celebrada foi a de publicar dúas económicas e extensas coleccións de escritos dos Pais da Igrexa, a Patrologia Latina e a Patrologia Graeca.

Infotaula de personaJacques Paul Migne

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(fr) Jacques-Paul Migne Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1800 Editar o valor em Wikidata
Saint-Flour, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de outubro de 1875 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Montrouge (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico (1824–), tradutor , teólogo , editor , xornalista , newspaper proprietor (en) Traducir , bibliógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1836 Editar o valor em Wikidata - 1870 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina e lingua francesa Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalMarie-Léandre Badiche Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Traxectoria editar

Naceu en Saint-Flour (Cantal). Logo dunha infancia un tanto turbulenta, en 1817 estudou teoloxía no colexio de Saint-Flour, en Orleáns. Ao finalizar a súa formación de clérigo, demasiado novo aínda para ser ordenado, foi enviado como profesor a un colexio de Châteaudun onde destacou polas súas capacidades didácticas. Desexando afianzar a súa teoloxía consagrou quince horas de estudo por día durante seis meses. En 1824 foi ordenado sacerdote.

Inmediatamente foi enviado a unha parroquia do cantón de Châtillon-sur-Loing, pero por ter un clima que afectaba á súa saúde foi rapidamente relevado e enviado a Puiseaux, na diocese de Orleáns.

A revolución de 1830 repercutiu en Puiseaux. Houbo un incidente, que naceu da súa simpatía católica realista fronte ao patriotismo local, que logo foi esaxerado e agrandado. O P. Migne respondeu aos seus acusadores a través dun boletín titulado Da liberdade, por un sacerdote. Ampliando o debate, trata sobre cuestións importantes do dereito eclesiástico e das relacións coa autoridade secular. Desatouse o debate e o bispo intervén prohibindo a publicación da resposta do P. Migne. O cura de Puiseaux someteuse e gardou silencio.

En 1833, logo do enfrontamento co bispo, partiu cara a París, e o 3 de novembro comezou co xornal L'Univers religieux, que tentou manter libre de calquera influencia política. Rapidamente conseguiu 1800 subscritores. Editouno por tres anos.

En 1836 abandonou L'Univers religieux para comezar unha obra doutra envergadura que chegará a ser chamada «unha das máis colosais do século». Titulada Biblioteca universal do clero, debería contar con 2000 volumes. Dotado dunha inesgotábel paciencia, logrou unha das empresas máis considerábeis do século: a edición dunha enciclopedia teolóxica que abarcará miles de volumes.

En 1836 abriu a súa gran casa de publicación en Petit-Montrouge, no arrondissement 14 de París. Alí sucedéronse con rapidez numerosos traballos relixiosos pensados para o clero baixo, a prezos accesíbeis que aseguraban ampla circulación. As máis coñecidas son: Scripturae sacrae cursus completus, que ensambla un amplo repertorio de comentarios sobre cada libro da Biblia e Theologiae cursus, cada un en 28 volumes, entre 1840 e 1845; despois Collection des auteurs sacrés (100 vols., 1846-8); Encyclopédie théologique (171 vols., 1844-6).

Traballou nas súas publicacións sen interrupción até o incendio dos seus Ateliers catholiques, en febreiro de 1868. Atopouse, desde o principio, con graves dificultades. Aínda que foi animado por cartas e felicitacións que lle chegaron por milleiros, tamén debeu enfrontar a oposición do arcebispo de París, Monseñor de Quélen. Este, sen dubidar da excelencia da obra de Migne, estimaba que a empresa posuía un carácter comercial e que por tanto non era bo que un sacerdote estivese a cargo dela. E ordenou ao editor que suspendese o seu traballo. Migne creu ver nesta medida o resultado da presión das grandes librarías, celosas da súa obra. O P. Migne arguíu que non era nin impresor nin libreiro: os dous cargos corresponden a Victor Migne, o seu irmán e colaborador, e rexeitou someterse. O arcebispo retiroulle os seus poderes e prohibiulle celebrar a misa. Meses antes de morrer, o arcebispo propúxolle a Migne converter este proxecto particular nunha obra diocesana, na que el sería o superior e o P. Migne o director. Querendo gardar a súa liberdade, o sacerdote mantén a súa posición. Monseñor Affre, o seu sucesor, mantivo tamén a liña de conduta do seu antecesor. Condenou tamén a publicación Voix de la Vérité, novo xornal publicado por Migne. Finalmente, tocado pola franqueza do seu editor e pola molestia que a súa decisión podía carrexar entre a autoridade eclesiástica, levantou a condena.

O 2 de xuño de 1849, Jacques Paul Migne asumiu o título de impresor–tipógrafo, en Petit–Montrouge. Doáronlle 5000 francos e encargáronlle a edición das Actes de l'Église de Paris.

En 1853, A. Bonnety, director dos Annales de la philosophie chrétienne, escribía respecto da Patrologia latina: «Esta obra debería estar protexida polos gobernos, polos bispos e por todos os católicos», deixando entrever que non sempre a resposta do público acompañou ao editor. Unha indicación semellante volve escoitarse respecto da Patrologia graeca: «Entristécenos ter que afirmar que aínda faltan subscribirse a esta bela e boa publicación moitas casas: bibliotecas dos bispos, seminarios, principais curas, comunidades relixiosas… O editor atópase aínda ao comezo dos seus esforzos, e se non consagrase a esta obra todo o seu capital, todos os beneficios das súas publicacións precedentes, veríase obrigado a interromper a impresión».

Con todo, as mostras de simpatía non faltaron, desde o principio, á obra de Migne. Desde Roma, do universo católico, afluirán felicitacións de bispos, cardeais e laicos instruídos. Outro eloxio que chegou a Migne viña de parte do Senado francés, na sesión do 20 de xuño de 1862, por parte do Barón Ch. Dupin: «Un simple cura rural, o Sr. Migne, encarou só coa axuda financeira do clero inferior –nun prezo baixo e sen luxos–, a publicación dunha colección completa, unha colección onde os textos máis fieis son comparados coas versións máis autorizadas, unha colección onde figuran os libros Sacros, os Pais da Igrexa latinos e gregos, todos os grandes teólogos, todos os oradores sacros, todos os comentarios e aínda miles de escritos dos bispos dos nosos días. Esta será unha Biblioteca universal da Igrexa católica: 850 volumes xa viron a luz. 1150 restan por aparecer. E para levar a cabo esta empresa… é cos seus modestos recursos que o clero francés inaugurou esta grande empresa católica. Moitos laicos xenerosos viñeron na súa axuda…».

Se a obra monumental quedou inacabada débese ao incendio do 12 de febreiro de 1868. O lume desatouse no compartimento das prensas tipográficas e rapidamente alcanzou todo o edificio, abarcando case todas as obras que estaban alí. Os danos foron considerábeis e irreparábeis na súa maior parte. Os clichés de prensa de grandes coleccións (en número de 667.855) foron destruídos. Dos cascallos non puido retirarse máis que unha masa de 600 quilogramos de chumbo. A fábrica de mobles de igrexa, de órganos, de estatuas, de mesas, de baixorrelevos, que Jacques Paul Migne construíra ao carón da imprenta foron do mesmo xeito alcanzados polo incendio. Un grande órgano, de 30.000 francos, listo para ser entregado, foi completamente devastado. Sobre o total de 12 millóns que representaba o material e as mercadorías, Jacques Paul Migne só recuperou apenas seis.

A perda foi enorme. As aseguradoras non lle devolveron máis que unha suma irrisoria. E resultou insuficiente para permitir a Migne recomenzar coas publicacións interrompidas. A guerra franco-prusiana de 1870 sumoulle perdas. Arruinado, buscou proverse de novos recursos. Recomenzou o seu comercio de mobles sacros e organizou un tráfico de intencións de misa. O arcebispo deulle a orde de cesar. Migne resistiuse e recibiu unha suspensión. Pouco despois, o 25 de xullo de 1874, desde a curia romana chegou un decreto do papa Pío IX no que se condenaba o uso de estipendios de misa para a compra de libros… no cal as publicacións de Migne eran nomeadas expresamente.

Estas contrariedades sumáronse ás fatigas ás que o sometera a dirección da súa obra: a súa vista diminuíra considerabelmente e volveuse case cego. O 24 de outubro de 1875 morreu en París deixando o legado dun «dos escritores e compiladores máis extraordinarios dos que ten memoria a historia da erudición». Un ano despois da súa morte, a súa Imprimerie Catholique pasa a mans dos irmáns Garnier.

As tres grandes series que máis reputación tiveron foron Patrologiae cursus completus, serie en latín, en 221 vols. (1844-5); a serie en grego, primeiro publicada en latín (85 vols., 1856-7); e a edición con tradución en grego e latín (165 vols., 1857-8). A pesar de que moitos estudos o criticaron, estas precipitadas edicións, baratas e amplamente difundidas, só foron substituídas moi lentamente por edicións críticas máis modernas. Aínda que o barato do papel das edicións orixinais as fixese fráxiles, a envergadura da Patrologia aínda fai da obra algo único e invaluábel. É, amplamente, a colección de textos patrísticos e literatura antiga máis completa que apareza e que exista até hoxe. Os índices son útiles aínda hoxe para atopar referencias nos escritos patrísticos.

A Patrologia latina e a Patrologia graeca (xunto coa Monumenta Germaniae Historica) cóntanse entre as contribucións máis importantes do século XIX ao estudo da patroloxía e da Idade media. Na Igrexa católica, as edicións de Migne puxeron por primeira vez moitos textos orixinais en mans dos presbíteros.

Obra editar

Xornalista editar

Na súa estancia en París, Migne fixo incursión en varios proxectos xornalísticos que tiveron un éxito relativo e que finalmente sempre terminou deixando en mans doutros directores e propietarios. Algúns foron censurados polos bispos, outros simplemente por querer dar lugar a todas as ás de pensamento… simplemente fracasaron.

Chegado a París en 1833, Migne dedicouse á fundación do seu primeiro xornal, ao que chamaría l'Univers religieux. Considerándose simplemente católico e non aliado a ningún partido, dedicouse a buscar os seus colaboradores entre as máis diferentes liñas de opinión de Francia. A publicidade centrouse en conseguir a promesa de colaboración das personalidades máis importantes de Francia. En tres semanas roldaba os 1800 subscritores. A súa divisa foi: «Unité dans les choses certaines, liberté dans les douteuses, charité, vérité, impartialité dans toutes.» O éxito non se prolongou demasiado. Querendo conciliar todas as partes mesturounas a todas. Finalmente Jacques Paul Migne deixa o xornal sen escribir demasiado nel, por haberse visto absorbido polas tarefas de dirección e administración.

En 1846 fundou a Voix de la Vérité, con axuda do P. Clavel e un xurisconsulto eminente, o P. Romaiu Prompsault. O acerto deste xornal debeuse a que ofrecía material de consultoría xurídica a membros do clero e a comunidades relixiosas. Non abarcou só cuestións civís, senón que entrou tamén no dereito canónico, póndose unhas cantas veces ao lado de sacerdotes que disentían cos seus bispos. Isto desgustou a algúns bispos que oportunamente o censuraron. Finalmente Migne terminou deixándoo en mans de Taconet, outro empresario.

Este segundo intento foi substituído nos proxectos de Migne por un terceiro: La Voix canonique, liturgique, historique, bibliographique, anecdotique. Ao que, logo de cambiar de obxectivo e de nome unhas cantas veces terminou deixando tamén en mans doutro interesado: M. Prost, banqueiro.

Editor editar

Migne abandonou a dirección do l'Univers religieux para se mergullar nunha empresa moito máis ambiciosa. O seu obxectivo: reunir en grandes coleccións os tesouros da tradición católica. Contentouse con reunir os antigos produtos da erudición eclesiástica, para polos a disposición do clero como instrumentos de traballo. Moitos destes traballos conservábanse, para ese entón, só como manuscritos, mentres que doutros só se coñecían fragmentos. A maior parte estaba relegada en recunchos das bibliotecas, eran inalcanzábeis polo seu pouco número e polo elevado do seu prezo. Migne quixo reunilos nunha Biblioteca universal do clero á que soñaba de 2000 volumes, a baixo prezo -non debería custar máis de 10.000 francos.

Os poucos recursos que Migne posuía investíraos na súa empresa anterior. Para poder levar a cabo esta obra soubo entusiasmar na súa empresa algúns eclesiásticos e laicos que o proveron dos fondos indispensábeis como para que comezase a tarefa.

Comezou pedindo axuda á imprenta de M. Bailly, na Sorbonne: pero pronto fundaría en Petit-Montrouge unha libraría e imprenta. Nos seus Ateliers catholiques, veciño ás súas salas de composición, instalou cinco prensas a vapor, unha fundición, un estereotipo, os ateliers de satinado, e de relevo, destinados unicamente ás obras que el publicaba. Posuíndo na súa man todos os pasos necesarios para a edición dos libros, podía acelerase o proceso até alcanzar un punto extremadamente veloz: facía saír dos seus establecementos un volume por semana. Isto tamén lle permitía baixar considerabelmente os seus prezos. Trescentos obreiros traballaban nos seus establecementos. Entre eles contábase un bo número de sacerdotes vindos a menos que o editor recibía na súa imprenta e que lle foron de grande axuda para a composición e corrección das probas.

Migne desexaba que as súas obras, desde o punto de vista tipográfico, fosen tan perfectas como fose posíbel. A partir disto non tardou en cambiar as súas prensas a vapor por prensas de tracción a sangue, menos rápidas pero que permitían un produto mellor terminado. Tamén estableceu un sistema de correctores e revisores que diminuían notabelmente os erros finais. Así, en 1865 contrata a corenta correctores para traballar durante dez anos para a revisión minuciosa das pranchas metálicas xa tipeadas.

Dos 2000 volumes anunciados, máis de 1000 foron publicados. É difícil facerse unha idea da orde exacta, e mesmo algunhas coleccións saíron da imprenta en forma simultánea.

As principais coleccións editar

Desde 1838 até 1840 aparece o curso completo de Sacra Escritura: Scripturae sacrae cursus completus, ex commentariis omnium perfectissimis ubique habitis, et a magna parte episcoporum necnon theologorum Europae catholicae universim ad hoc interrogatorum designatis, unice conflatus; plurimis annotantibus presbyteris ad docendos levitas, pascendosve populos alte positis, annotavit vero simul et edidit J. P. M.

Inmediatamente despois do curso completo de Sacra escritura, JPM publica a Theologiae cursus completus… As obras foron impresas co texto en latín, sen a tradución francesa, en orde metódica, sen ningunha preocupación cronolóxica. Elevouse a 28 o número que inicialmente fora previsto en 25 volumes. O último destes comprende 5 táboas que resultan de suma utilidade para realizar consultas ao Curso de teoloxía.

Tamén podemos pór nesta lista as Démonstrations évangéliques des plus célèbres défenseurs du christianisme, traduites pour la plupart des diverses langues dans lesquelles elles avaient été écrites, reproduites intégralement, non par extraits, annotées et publiées par l'abbé Migne, máis un volume de introdución e un de conclusión. Os dezaseis primeiros volumes apareceron entre 1842 e 1843; outros, algúns anos máis tarde. O propósito do editor era reunir algunhas fontes que resultasen útiles ao momento de defender a relixión. Lamentabelmente logo de presentar algunhas obras de Tertuliano, Oríxenes, Eusebio de Cesarea e San Agostiño, pasou inmediatamente a Montaigne. Algúns autores, ben elixidos, permitirían seguir todos os progresos da polémica cristiá intermedia.

En 1844 comezou unha nova publicación, a dos Orateurs sacres, en dúas series. A primeira serie comprende 66 volumes: Collection intégralle et universelle des Orateurs sacres du premier et du second ordre, et collection intégralle ou choisie de ceux du troisième ordre, publiés selon l'ordre chronologique, a fin de présenter, comme sous un coup d'oeil, l'histoire de la prédication en France, pendant plus de trois siècles, avec ses commencements, ses progrès, son apogée, sa décadence, et sa renaissance. A segunda serie, de 33 volumes, apareceu de 1856 a 1866. Trata: 1° les oeuvres oratoires des prédicateurs qui ont le plus illustré la chaire française depuis 1789 jusqu' à nos jours; 2° les plus remarquables mandements ou discours de la plupart de nos seigneurs archevêques ou évêques de France, de Savoie et de Belgique; 3° les sermons de vingt-cinq des prédicateurs contemporains les plus distingués; 4° la collection des meilleurs prosistes anciens et modernes; 5° une série d'ouvrages sur les règles da bonne prédication. A colección debía comprender 102 volumes; o número 100 estaba na imprenta cando se produciu o incendio de 1868.

Ao mesmo tempo en que Migne editaba a primeira serie dos Orateurs sacres, lanza tamén a primeira das Enciclopedias teolóxicas. De 1851 a 1859 aparece a Nouvelle encyclopédie théologique, de 52 volumes; e de 1851 a 1859 un Troisième et dernière encyclopédie théologique, en 66 volumes; Un total de 171 volumes de dicionarios sobre as distintas materias, tanto divinas como humanas.

Para ilustrar estas coleccións relativas á ciencia relixiosa, Migne fixo entrar nas súas publicacións un Cours complet d'histoire ecclésiastique, en 27 volumes.

Así, nuns anos –desde 1838 até 1844– Migne comezara a publicación das coleccións que debían conter un total de 400 volumes, sen contar as edicións de interese menor (das que falaremos máis adiante). Mentres tanto deseñara un plan que debía ser a súa obra máis importante, e a todas miras a mellor: o seu Patrologia, da cal os primeiros volumes deberían aparecer en 1844.

Patroloxías editar

a. O seu obxectivo editar

«O prezo desmesurado e sempre crecente das antigas edicións, a necesidade máis seria de recorrer ás fontes -sobre todo nas investigacións relixiosas-, o traballo das ciencias eclesiásticas e a restauración do pasado católico fai indispensábel unha nova edición dos Pais», xustificaba Migne. Para lograr este obxectivo reunirá unha primeira colección de escritores latinos e, nunha segunda, escritores gregos. Bonetty criticou esta división, porque segundo el deixa supor que hai dúas tradicións, a da Igrexa latina e a da grega. El tería preferido unha división xeográfica fundada na división segundo os lugares onde os escritores ensinaron, e non segundo a lingua na que se conservaron as súas ensinanzas. O plan adoptado por Migne xustifícase moi ben: é o que se adopta actualmente para as publicacións patrísticas de Berlín e de Vienne, a primeira consagrada aos escritores gregos, a segunda aos latinos.

A orde seguida será a orde cronolóxica. Ás obras dos pais engadirá os traballos, as disertacións, ... que se fixeron a eses escritores, tanto como as variantes, as notas, e os comentarios necesarios para a comprensión do texto.

Finalmente, para que a nova edición puidese estar ao alcance ce todos, foi editada a un prezo moi baixo: cinco francos para cada volume da Patrologia latina, oito francos para a Patrologia graeca.

b. A posta en marcha editar

Para lograr levar a cabo esta empresa Migne necesita de colaboradores. Diríxese a Prosper Guéranger. O abade de Solesmes sinálalle o novo prior de Saint-Germain-des-Prés, formado en Solesmes: Jean-Baptiste-François Pitra. Este preparárase activamente como para colaborar neste traballo co editor católico. Fixera dos Pais o seu estudo favorito durante o seu seminario, e o seu gusto pola patrística desenvolveuse en Solesmes. Acepta sen dubidar e, tres días máis tarde faille chegar un esbozo da lista de autores e traballos que a colección non podía deixar de ter.

Realizar unha edición crítica para cada autor tería sido un traballo inacabábel. O que consideraron mellor foi elixir as que xulgaron mellores edicións dos Pais e escritores eclesiásticos, engadindo as notas que puidesen achegar, as disertacións máis puntuais e importantes que acompañan ao texto, sen impedirse corrixir o texto desde os mellores manuscritos, indicar as variantes importantes das principais edicións ou agregar algúns fragmentos inéditos. Pitra asume gran parte da tarefa. A pesar de que en 1865 o crean cardeal, el continúa enviando notas a Migne para a continuación de escritores latinos até 1450.

Ademais de Pitra e os beneditinos de Francia houbo varios colaboradores de importancia, entre eles Denzinger, profesor da Universidade de Würzburg.

Logo da preparación do material que debía entrar nas Patrologías había que realizar a composición. Desexando que o traballo fose irreprochábel, Migne designou para a corrección a todos os sacerdotes aos que acollera na súa imprenta. Para que a Patrologia graeca aparecese nunha edición elegante, Migne mandou crear unha nova tipografía grega, á que dotou dunha versión itálica mediante o que resaltaba as palabras e as citas que quería remarcar no texto. Foi a primeira vez que este recurso se utilizou nunha edición en grego. Ademais disto buscou correctores que non só coñecesen as letras que estivesen a usar senón que comprendesen o que escribían. Para iso contratou a algúns gregos para o traballo de composición. Nesta edición prestouse unha especial atención ao tema da acentuación, tema deixado de lado polas antigas edicións beneditinas.

c. A publicación editar

 
Portada do quinto tomo da Patrologia Latina (1844-1845).
 
Dídimo Alexandrino na Patrologia Graeca.

O Curso de patroloxía comeza a aparecer en 1844. Leva un título inmenso, dos que Migne gusta moito. Nel enumera con gusto as calidades da publicación: Patrologiae cursus completus, sive Bibliotheca universalis integra, uniformis, commoda, oeconomica, omnium SS. Patrum, doctorum, scriptorumque ecclesiasticorum qui ab aevo apostolico ad Innocentii III tempora floruerunt; recusio chronologica omnium quas exstitere monumentorum catholicae Traditionis per duodecim priora Ecclesiae saecula, juxta editiones accuratissimas, ínter se cumque nonnullis codicibus manuscriptis collatas, perquam diligenter castigata; dissertalionibus, commentariis lectionibusque variantibus continenter illustrata; omnibus operibus post amplissimas editiones quae tribus novissimis saeculis debentur absolutas delectis, aucta; indicibus particularibus analylicis, singulos sive tomos, sive auctores alicujus momenti subsequentibus, donata; capitulis intra ipsum textum rite dispositis, necnon et titulis singularum paginum marginem superiorem distinguentibus subjectamque materiam significantibus, adornata; operibus cum dubiis tum apocryphis, aliqua vero auctoritate in ordine ad Traditionem ecclesiasticam pollentibus, amplificata...; editio accuratissima, caeterisque omnibus facile anteponenda, si perpendantur: characterum nitiditas, chartae qualitas, integritas textus, perfectio correctionis, operum recusorum tum varietas, tum numerus, forma voluminum perquam commoda sibique in toto operis decursu constanter, similis, pretii exiguitas, praesertimque ista collectio, una, methodica et chronologica, sexcentorum fragmentorum opusculorumque hactenus hic illic sparsorum, primum autem in nostra Bibliotheca, ex operibus et mss. ad omnes aetates, locos, linguas formasque pertinentibus, coadunatorum.

A Patrologia Latina foi publicada primeiro: os seus 217 tomos e 218 volumes aparecen entre 1844 e 1855. Divídese en dúas series. A primeira abarca desde Tertuliano até San Gregorio Magno; a segunda, desde este até Inocencio III, e inclúe 2614 escritos e fragmentos de escritores eclesiásticos. Desde 1862 até 1865 aparecen os volumes dos índices da Patrologia Latina. Componse por 235 táboas xerais ou especiais que deben servir de claves. A composición destas táboas supón un traballo considerábel. Calcúlase que deben haberlle costado, a Migne, non menos de medio millón de francos. A pesar do extraordinario traballo que significaron, as táboas non redituaron todo o beneficio que se esperaba. Algúns se lamentan da perda do quinto volume dos Índices, que significara dous anos de traballo. Foi destruído polo incendio de 1868 e non puido ser reconstituído despois. Debía conter, entre outras cousas, un Índice xeral das Escrituras, e un Índice patrístico composto polo cardeal Pitra.

A Patrologia graeca apareceu en dúas edicións: unha greco-latina e unha edición latina. A primeira foi publicada entre 1857 e 1866, e comprende 161 tomos en 166 volumes, separada en dúas series: desde Barnabé a Focio e del até o Concilio de Florencia. Ambas comprenden as obras de ao redor de 800 autores ou escritores anónimos. A edición dos Pais gregos en latín só comprende 81 tomos en 85 volumes.

Como realizara para os Pais latinos, Migne preparou táboas para os índices para a Patrologia graeca. Este volume fora composto e preparado para a impresión cando sucedeu o incendio de 1868. Os esforzos feitos para atopar os textos usados por Migne neste volume foron sen resultado, a pesar da tradución da edición latina dos Pais gregos. Aínda que o quixo, Migne non puido recomenzar a publicación deste volume. Máis tarde, diferentes autores completaron estas lagoas. O mellor complemento foi dado por Ferdinand Cavallera, e a súa obra facilita o emprego dos 161 tomos da colección.

d. Obras diversas editar

En 1841 edita as Œuvres de sainte Thérèse, en catro volumes, O mesmo ano aparecen, en catro volumes, a Perpétuité de la foi de l'Église catholique: sur l'eucharistie, par Nicole, Arnauld, Renaudot, etc.; sur la confession, par Denis de Sainte-Marthe; [...] sur les principaux points qui divisent les catholiques d'avec les protestants.

Outras publicacións feitas no período entre 1840 e 1856 son:

  • Divi Thomae Aquinatis summa theologica (1857).
  • Catholicum lexicon hebraicum et chaldaicum in Veteris Testamenti libros: hoc est Guillelmi Gesenii Lexicon manuale hebraico-latinum, ordine alphabetico digestum ... / multisque additionibus philologicis illustravit et exornavit Paulus L.B. Drach ... ; accesserunt grammatica hebraicæ linguæ quam germanico scripsit idiomate Gesenius, latinitate autem donavit F. Tempestini, necnon lexicon et grammatica linguæ hebraicæ, juxta methodum punctis masoreticis liberam digesta, auctore Du Verdier; tomum claudit grammatica chaldaica doctissimi et supralaudati Pauli L. B. Drach (1859).
  • Quatre années pastorals ou Prones pour quatre ans [...], por Badoire (1852).
  • F. Lucii Ferraris prompta Bibliotheca canonica, juridica, moralis [...] (1858).
  • Actes et histoire de l'Église de París.
  • Histoire du concile de Trente, por Pallavicino. (1845).
  • Les catéchismes philosophique, polémiques, historiques, dogmatiques, moraux, liturgiques, disciplinaires, canoniques, pratiques, ascetiques, mystiques de Feller, Rohrbacher, Fleury, Bellarmin, [...] Olier (1842).
  • Praelectiones theologicae, de Perrone (1842).
  • Monuments inédits sur l'apostolat de sainte Marie-Madeleine en Provence et sur les autres apôtres de cette contrée, saint Lazare, saint Maximin, sainte Marthe et les saintes Maries Jacobé et Salomé, par l’auteur de la dernière Vie de M. Olier, por Faillon (1863).
  • Le Polyglotte catholique ou exercices de linguistique en douze langues (1849).
  • Manuel ecclésiastique [...] de M. Heu.
  • Institutiones catholicae in modum catecheseos, de Pouget.
  • Missae pontificales.
  • Œuvres complètes de Bossuet (1867).
  • Œuvres complètes de Bérulle (1856).
  • Œuvres complètes de Boudon (1856).
  • Œuvres complètes de De la Tour (1855).
  • Œuvres complètes du R. P. Baudrand (1860).
  • Œuvres très complètes de Monseigneur F.-J. de Partz de Pressy (1842).
  • Œuvres complètes de Jean George Lefranc de Pompignan (1855).
  • Œuvres complètes de Bergier (1855).
  • Œuvres complètes de Thiébault (1856).
  • Œuvres complètes du Cardinal de la Luzerne (1855).
  • Œuvres complètes d'Arvisenet (1856).
  • Œuvres complètes de Riambourg (1850).
  • Œuvres complètes de Frayssinous (1861).
  • Œuvres complètes de S. Thomas.

De 1856 a 1868, saíron da súa Imprenta católica:

  • Abrégé du droit canonique universel, por Maupied.
  • Livres sacrés de toutes les religions, sauf la Bible, por Pauthier e Brunet (1866).
  • Le Rituel des Rituels pour les Prônes des Dimanches et Fêtes, l'Administration du Baptême, de la Pénitence, de l'Eucharistie, de l'Extrême-Onction et du Mariage, ou recueil des allocutions différentes pour ces saints actes (1866).
  • Theologiae R. P. Fr. Suarez e Societate Jesu summa, seu compendium, P. François Noël (1861).
  • Accord de la raison, des faits et des devoirs sur la vérité du catholicisme, por Houtteville, Gauchat e o barón Carra de Yaux (1873).
  • Bossuet des gens du monde ou le catholicisme enseigné par Bossuet, polo abade Macé (1858).
  • Divi Thomae Aquinatis Summae contra gentiles libri quatuor, por Uccelli (1863).
  • Lexicon manuale ad scriptores mediae et infimae latinitatis, por Maigne d'Arnis (1858).
  • Recherches historiques sur les peuples anciens et leurs cultes pour servir d'introduction aux points fondamentaux du Christianisme en général et du Catholisme en particulier, do P. Desroches (1862).
  • Satan, ses oeuvres et ses pompes, do P. Héliodore de Paris (1866).
  • Œuvres complètes de saint François de Sales (1861).
  • Œuvres complètes de l' abbé Gérard (1857).
  • Œuvres complètes de M. de Bonald (1859).
  • Œuvres complètes de Fléchier (1856).
  • Œuvres complètes de M. La Chétardie (1857).
  • Œuvres complètes de Laurent Le François (1856).
  • Œuvres complètes de M. Tronson (1857).
  • Œuvres de Fénelon (1861).
  • Œuvres complètes de du Voisin (1856).
  • Œuvres complètes de M. Émery (1857).
  • Œuvres du cardinal Gerdil (1863).
  • Œuvres complètes de M. de Lantages (1857).
  • Œuvres complètes de C.-F. Régnier (1857).

Así case 1100 volumes foron publicados entre 1838 e 1868; e o plan de Migne debía levar a dous mil o número de volumes da Bibliothèque universelle du clergé.

e. O incendio: interrupción das publicacións

O incendio de 1868 puxo fin ás publicacións de Jacques Paul Migne. Moitas obras, cuxos manuscritos foran conservados, puideron ser retomadas e terminadas. Outras non puideron ser completadas. E finalmente outras, que foran pensadas dentro da colección, non viron a luz xamais, a pesar de que moitas delas xa foran compostas en pranchas para seren impresas. Da mesma maneira se esfumaron os soños que Migne atesouraba para outras coleccións.

A. Bonnetty expresou o seu desexo de que o episcopado católico, axudado polo goberno, adquirise as pranchas de impresión das dúas patroloxías, o que constitúe unha inmensa biblioteca de metal. O produto desta venda teríalle permitido a Migne comezar inmediatamente as súas novas coleccións. Con todo, os seus desexos non foron escoitados.

En 1876 a Libraría Garnier adquire aos herdeiros de Migne o que quedaba da imprenta e da casa de edición. Ela termina a Histoire ecclésiastique, os Orateurs sacres, edita unhas Tables à la Patrologie grecque e reedita as obras esgotadas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • L. Marchal. Dictionnaire de Théologie Catholique. T. X. Voz: «Migne, Jacques Paul». París. Páx. 1722-1740.
  • A. Mandouze - J. Fouilheron. Migne et le renouveau des études patristiques, París, Beauchesne, 1985.
  • H. Leclercq. Migne, Jacques Paul, en DACL XI,941-957.
  • F. de Mély. L'Abbé Migne, «Rev. Archéol.» 5 (1915) 203-258.
  • L. C. Sheppard. The Abbe Jacques-Paul Migne, «American Benedictine Rev.» 7 (1956-57) 112-128
  • A. G. Hamman. Jacques-Paul Migne. Le retour aux Pères de l'Église, París, Beauchesne, 1975.
  • J. P. Kirsch. Catholic Encyclopedia. Voz: «Jacques Paul Migne»
  • Britannica, 1911 edition. Voz: «Jacques Paul Migne»

Ligazóns externas editar