No folclore inglés, Jack Frost aparece coma unha criatura egoísta que personifica o frío, o inverno e o carazo. É, moi probablemente, unha variante do Pai-Inverno (tamén coñecido coma "Old Man Winter" en inglés). Algúns pensan que esta tradición pode vir de antigas tradicións nórdicas e viquingas.

Segundo a tradición, Jack Frost é responsábel de deixar a xeada nas fiestras de cristal, que se ve pola mañá, máis coñecida coma condensación.