Jacinda Ardern

política neozelandesa

Jacinda Kate Laurell Ardern, nada en Hamilton o 26 de xullo de 1980, é unha política de Nova Zelandia e a Primeira Ministra do país entre 2017 e 2023. Foi a líder do Partido Laborista de Nova Zelandia dende o 1 de agosto de 2017 ata febreiro de 2023. Elixida por primeira vez como parlamentaria nas eleccións xerais de 2008[1] e deputada por Mount Albert dende o 8 de marzo de 2017, exerceu de Primeira Ministra entre o 26 de outubro de 2017 e o 7 de febreiro de 2023 sendo, con 37 anos, a muller máis nova en asumir tal cargo.[2]

Infotaula de personaO moi honorable Editar o valor em Wikidata
Jacinda Ardern

(2022) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Jacinda Kate Laurell Ardern Editar o valor em Wikidata
26 de xullo de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Hamilton (Nova Zelandia) Editar o valor em Wikidata
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir
25 de novembro de 2020 – 15 de abril de 2023
Lexislatura: 53rd New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Mount Albert (en) Traducir
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir
7 de novembro de 2017 – 6 de setembro de 2020
Lexislatura: 52nd New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Mount Albert (en) Traducir
Minister of National Security and Intelligence (en) Traducir
26 de outubro de 2017 – 1 de febreiro de 2023 (renuncia)
40ª Primeiro-ministro da Nova Zelândia (pt) Traducir
26 de outubro de 2017 – 25 de xaneiro de 2023 (resignation of Jacinda Ardern (en) Traducir)
← Bill EnglishChris Hipkins (pt) Traducir →
17ª Leader of the New Zealand Labour Party (en) Traducir
1 de agosto de 2017 – 22 de xaneiro de 2023
← Andrew LittleChris Hipkins (pt) Traducir →
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir

8 de marzo de 2017 –
← David Shearer (pt) Traducir
Lexislatura: 51st New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: Mount Albert (en) Traducir
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir

20 de outubro de 2014 – 8 de marzo de 2017
Lexislatura: 51st New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: sen valor
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir
20 de decembro de 2011 – 14 de agosto de 2014
Lexislatura: 50th New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: sen valor
Member of the New Zealand Parliament (en) Traducir
8 de decembro de 2008 – 20 de agosto de 2011
Lexislatura: 49th New Zealand Parliament (en) Traducir

Circunscrición electoral: sen valor
Presidente União Internacional da Juventude Socialista (pt) Traducir
2008 – 2010 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaAuckland Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
RelixiónAgnosticismo e Mormonismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Waikato (–2001)
Morrinsville College (en) Traducir (–1998)
Morrinsville Intermediate School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e político Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Laborista de Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaInglês neozelandês (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Salario base339.862 $ Editar o valor em Wikidata
Participou en
22 de xaneiro de 2019World Economic Forum Annual Meeting 2019 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeClarke Gayford (2024–) Editar o valor em Wikidata
ParellaClarke Gayford Editar o valor em Wikidata
FillosNeve Ardern Gayford (pt) Traducir
 () Clarke Gayford Editar o valor em Wikidata
PaiRoss Ardern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsLouise Ardern (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm9013671 Facebook: jacindaardern Twitter: jacindaardern Instagram: jacindaardern LinkedIn: jacindaardern WikiTree: Ardern-44 Editar o valor em Wikidata

Ideoloxicamente, Ardern descríbese a si mesma como unha socialdemócrata e unha progresista. Como partidaria do movemento obreiro, oponse ós recortes de impostos para as persoas con ingresos altos, apoiados polo Partido Nacional, e defende un estado de benestar que achegue unha rede de seguridade para "aqueles que non poden manterse a si mesmos". Sobre cuestións sociais, Ardern está a prol do matrimonio entre persoas do mesmo sexo, votando a prol do proxecto de lei de igualdade matrimonial en 2013, e apoia a liberalización das leis sobre o aborto.

Foi criada como mormona, pero abandonou a Igrexa no 2005.[3]

Traxectoria editar

Despois de graduarse na Universidade de Waikato en 2001 en Estudos da Comunicación, Política e Relacións Públicas,[4] Ardern comezou a súa carreira traballando como investigadora na oficina da Primeira Ministra Helen Clark. Máis tarde traballou no Reino Unido como asesora de política do Primeiro Ministro do Reino Unido Tony Blair e, en 2007, foi elixida Presidenta da Unión Internacional de Xuventudes Socialistas.[5]

En 2008, entrou no Parlamento por Waikato, aínda que non pola circunscrición senón na lista do partido. Nas eleccións de 2011, foi candidata pola circunscrición electoral de Auckland Central contra a deputada do Partido Nacional Nikki Kaye e Denise Roche do Partido Verde. Cun 43,23% dos votos da circunscrición, foi segunda por detrás de Kaye, que obtivo o 45,39% dos votos. Kaye gañou por só 717 votos. De novo, foi elixida para o parlamento pola lista electoral do Partido Laborista, esta vez en décimo terceira posición.

Cando Phil Goff dimitiu como líder do partido e David Shearer foi elixido polos deputados do partido como novo líder, Ardern subiu ao cuarto lugar do partido. Ademais, foi nomeada portavoz de desenvolvemento social dentro do Partido Laborista. Trala dimisión de David Shearer, en decembro de 2016, Ardern presentouse como candidata laborista nas eleccións parciais de febreiro de 2017 e conseguiu o escano por Mount Albert, antigo feudo de Helen Clark.[4] En marzo do mesmo ano, logo da renuncia de Annette King, foi escollida por unanimidade como vicepresidenta do Partido Laborista.[6] O 1 de agosto de 2017, poucos meses antes das eleccións xerais, Ardern asumiu o cargo de líder do Partido Laborista. e en consecuencia converteuse en líder da oposición trala dimisión de Andrew Little tras unhas enquisas que prognosticaban un resultado electoral moi baixo.[7] Na primeira conferencia de prensa tralo seu nomeamento declarou:[7]

"Todo o mundo sabe que veño de aceptar, con pouca antelación, o peor traballo en política, mais tamén dou a benvida a este traballo".

Nas eleccións xerais que tiveron lugar o 23 de setembro de 2017, o Partido Laborista gañou 46 escanos (14 máis que nas anteriores) cun 37% dos votos, poñéndose por detrás do Partido Nacional de Bill English, quen gañou 56 escanos.[8] Malia ese reultado, o 26 de outubro de 2017, converteuse na primeira ministra de Nova Zelandia, despois de que a conservadora Nova Zelandia Primeiro anunciase unha coalición con ela, e se incluíse tamén ao Partido Verde.[3][9] Posteriormente, nas eleccións xerais de 2020, baixo o seu liderado, o Partido Laborista quedou por diante do seu rival tradicional, o Partido Nacional, por primeira vez en doce anos; o Laborismo gañou co 49% dos votos unha maioría absoluta que lle permitiu gobernar en solitario.[10][11]

Durante o seu mandato como primeira ministra enfrontou o masacre islamófobo de Christchurch (marzo de 2019)[12][13] propondo unha restrictiva política na posesión de armas,[2] a erupción do volcán Whakaari que provocou a morte de 16 persoas,[2] a exitosa resposta á pandemia de Covid-19 e a crise económica derivada en 2020 e o falecemento da raíña Isabel II e a proclamación de Carlos III, entre outros fitos.[14][15][16][17]

No 2019, a revista Fortune, escolleuna como a segunda mellor ider mundial entre unha lista de 50.[2]

Renuncia ao cargo editar

O 19 de xaneiro de 2023 anunciou, por sorpresa, a súa dimisión alegando "esgotamento".[18][19] Indicou que se mantería no cargo ata o 7 de febreiro no o seu sucesor será o ministro de Ensino, Chris Hipkins, tamén laborista.[20] Na rolda de prensa, declarou:[21]

Non o deixo porque sexa difícil, senón que o deixo porque este traballo leva moita responsabilidade e non teño enerxía suficiente para facerlle xustiza.

Notas editar

  1. "NEW ZEALAND ELECTION RESULTS". archive.is (en inglés). 1 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2016. Consultado o 21de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Sánchez Sánchez, María (27 de outubro de 2020). "Las claves que han llevado a Jacinda Ardern a ser considerada «la líder más eficaz del planeta»". smoda.elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 Atkinson, Neill (19 de xaneiro de 2023). "Jacinda Ardern. Biography". nzhistory.govt.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 "Waikato BCS grad Jacinda Ardern becomes leader of the NZ Labour Party". apps.mngt.waikato.ac.nz (en inglés). 2 de agosto de 2017. Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  5. Kirk, Stacey (1 de agosto de 2017). "Jacinda Ardern says she can handle it and her path to the top would suggest she's right". stuff.co.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  6. "Jacinda Ardern". nzhistory.govt.nz. Consultado o 2023-01-21. 
  7. 7,0 7,1 Davison, Isaac (1 agosto de 2017). "Andrew Little quits: Jacinda Ardern is new Labour leader, Kelvin Davis is deputy". nzherald.co.nz (en inglés). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  8. "2017 General Election - Official Result". electionresults.govt.nz (en inglés). 7 de outubro de 2017. Archived from the original on 07 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  9. Griffiths, James (19 de outubro de 2017). "Jacinda Ardern to become New Zealand Prime Minister". cnn.com (en inglés). Archived from the original on 19 de outubro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  10. "New Zealand PM Ardern Wins Re-Election In Best Showing For Labour Party In Decades". npr.org. 17-10-2020. Consultado o 21-1-2023. 
  11. Jover, Anna (17 de outubro de 2020). "Jacinda Ardern logra una victoria aplastante en las elecciones generales de Nueva Zelanda". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  12. Jover, Anna (17 de marzo de 2019). "La policía revela que el supremacista australiano cometió la masacre contra las dos mezquitas en 36 minutos". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  13. Redacción/Axencias (3 de setembro de 2021). "Un simpatizante del Estado Islámico ataca un supermercado de Nueva Zelanda". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  14. "Medio cento de falecidos nun ataque contra dúas mesquitas en Nova Zelandia". Nós Diario. 2019-03-15. Consultado o 2023-01-21. 
  15. "New Zealand’s prime minister receives worldwide praise for her response to the mosque shootings". Washington Post (en inglés). ISSN 0190-8286. Consultado o 2023-01-21. 
  16. "Cómo Nueva Zelanda llegó a dar por eliminado el coronavirus y levantar las restricciones (y qué papel jugó Jacinda Ardern)". BBC News Mundo (en castelán). Consultado o 2023-01-21. 
  17. "Jacinda Ardern expects New Zealand’s royal ties to ‘deepen’ under King Charles III". the Guardian (en inglés). 2022-09-11. Consultado o 2023-01-21. 
  18. "Jacinda Ardern to resign as prime minister in February". RNZ (en inglés). 2023-01-19. Consultado o 2023-01-21. 
  19. Jover, Anna (19 de xaneiro de 2023). "Jacinda Ardern anuncia su dimisión como primera ministra de Nueva Zelanda". elpais.com (en castelán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 
  20. "Chris Hipkins to become Labour leader, replace Ardern as PM". 1 News (en inglés). Consultado o 2023-01-21. 
  21. Rodés Almer, Juli (19 de xaneiro de 2023). ""No tinc prou energia": Jacinda Ardern deixa per sorpresa el govern de Nova Zelanda". ccma.cat (en catalán). Consultado o 21 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar