Józef Teodorowicz

Józef Teofil Teodorowicz[1] (en armenio: Յովսէփ Թէոֆիլ Թէոդորովիչ; en ucraíno: Йосиф Теофіл Теодорович), nado o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv (hoxe Ucraína) e finado o 4 de decembro de 1938 en Lviv, foi un eclesiástico católico armenio, arcebispo de Lviv dende 1901 até o seu pasamento.

Infotaula de personaJózef Teodorowicz

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento25 de agosto de 1864 Editar o valor em Wikidata
Zhivachiv (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de decembro de 1938 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Lviv Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Lychakiv (pt) Traducir 49°49′50″N 24°03′27″L / 49.83047, 24.0574 Editar o valor em Wikidata
Member of the House of Lords (Austria) (en) Traducir
16 de marzo de 1902 – 1918
Arcebispo católico
2 de febreiro de 1902 –
← Izaak Mikołaj Isakowicz
Member of the Diet of Galicia and Lodomeria (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónChernivtsi University (en) Traducir
Seminary in Lviv (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEcclesiastical hierarchy (en) Traducir, teoloxía e política Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1902–), sacerdote católico (1887–), diácono (1886–), Arcebispo , teólogo , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoChristian National Party (en) Traducir
Związek Ludowo-Narodowy (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónJan Puzyna (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 198512092 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu o 25 de xullo de 1864 en Zhyvachiv, unha vila na rexión histórica da Pokuttia; a vila hoxe pertence ao distrito de Tlumach, na rexión de Ivano-Frankivsk. Era fillo de familia nobre caxuba, fillo de Grzegorz, da familia Tesmer, e de Gertruda, da familia armenia dos Ohanowiczów. Logo de completar a súa formación en Stanislaviv, comezou a estudar Dereito na Universidade de Chernivtsi. Alí experimentou unha crise de fe, e logo de superala deixou os estudos para ingresar no seminario de Lviv.

O 26 de decembro de 1886 foi ordenado diácono, e o 9 de xaneiro de 1887 foi ordenado sacerdote polo arcebispo de Lviv Izaak Mikołaj Isakowicz. Inicialmente exerceu o seu ministerio como párroco en Berezhany.

Logo do pasamento de Isakowicz, Teodorowicz foi elixido o 24 de setembro de 1901 arcebispo de Lviv, e foi confirmado o 16 de decembro. Recibiu a consagración episcopal o 2 de febreiro do ano seguinte, de mans de Jan Maurycy Pawel Puzyna z Kosielsko, bispo latino de Cracovia, e tivo como co-consagradores aos outros ordinarios católicos de Lviv: Józef Bilczewski, arcebispo de Lviv dos latinos, e Andrei Sheptytskyi, metropolita de Lviv dos ucraínos.

Como arcebispo, preocupouse pola falta de vocacións nativas na súa diocese, polo que favoreceu a incorporación de sacerdotes latinos, así como de armenios procedentes de Oriente Medio. Asumiu tamén o coidado e promoción das institucións arquidiocesanas, entre elas o mosteiro de monxas bieitas de Lviv e a Unión dos Armenios de Polonia. Entre 1908 e 1930 dirixiu a renovación da catedral armenia de Lviv, na que traballaron Jan Henryk Rosen e Józef Mehoffer.

Finou o 4 de decembro de 1938 en Lviv

Notas editar

  1. Os armenios de Galicia tiñan como lingua propia o polaco.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Król-Mazur, Renata (2013). Działalność polityczna arcybiskupa Józefa Teofila Teodorowica w latach 1888-1923. Cracovia: Ormiańskie Towarzystwo Kulturalne. 
  • Kubik, Roman (1998). Józef Teofil Teodorowicz: ostatni arcybiskup polskich Ormian. Gorzów Wielkopolski: Wojewódzki Ośrodek Metodyczny. 
  • Skoczek, Tadeusz (2015). Teodorowicz - mówca i patriota: materiały z konferencji naukowej. Varsovia: Muzeum Niepodległości. 
  • Archbishop Józef Teofil Teodorowicz


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Izaak Mikołaj Isakowicz
 Arcebispo de Lviv 
1901 - 1938
Sucesor:
Dionizy Kajetanowicz
(administrador apostólico)