János Arany

escritor húngaro

János Arany, nado en Nagyszalonta o 2 de marzo de 1817 e finado en Budapest o 22 de outubro de 1882 foi un xornalista, escritor e tradutor húngaro.[1][2] Famoso como autor de baladas, escribiu máis de 40 que se traduciron a 50 linguas, así como pola triloxía épica Toldi.

Infotaula de personaJános Arany

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Arany János Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de marzo de 1817 Editar o valor em Wikidata
Salonta, Romanía (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte22 de outubro de 1882 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Pneumonía Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemitério de Kerepesi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeHungría Editar o valor em Wikidata
EducaciónReformed College of Debrecen (en) Traducir (1833–1836) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista , xornalista , escritor , poeta , tradutor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua húngara Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeJulianna Ercsey (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosJulianna Arany (pt) Traducir, László Arany (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 3120f58a-2e89-4ee4-b4d3-9018cef89dcd Discogs: 716587 IMSLP: Category:Arany,_János Find a Grave: 8324330 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu no condado de Bihar na Hungría dos Habsburgo[3]. Era o máis novo de dez nenos, mais debido á tuberculose, só dous deles pasaron da infancia. No tempo do seu nacemento, a súa irmá máis vella Sára xa estaba casada e os seus pais, György Arany e Sára Megyeri, tiñan 60 e 44 anos, respectivamente. János Arany aprendeu a ler e escribir con tres ou catro anos [4], e lía calquera cousa que atopaba en húngaro e latín. Para axudar na casa, empezou a traballar aos 14 anos como axudante de profesor.

Dende 1833 estudou Colexio Reformado de Debrecen alemán e francés ao tempo que daba clases particulares. En 1836 deixou os estudos e entrou durante un breve período de tempo nun grupo de teatro. En 1839 volveu á súa localidade natal traballando como profesor particular.

En 1845 gañou a competición da sociedade literaria Kisfaludy Társaság co poema épico-satírico, "Az elveszett alkotmány".

Tras publicar o poema épico Toldi, un dos seus traballos máis coñecidos, fíxose amigo de Sándor Petőfi e a súa morte na Revolución Húngara de 1848 impactouno grandemente.

Entrou na Academia Húngara de Ciencias en 1858 e foi o seu secretario xeral dende 1865. Tamén foi director da Sociedade Kisfaludy, a asociación literaria máis grande de Hungría.

A morte da súa filla, Julianna en 1865 marcouno fondamente, Arany non volveu escribir outra peza orixinal ata 1877, cando empezou traballar no ciclo poético Őszikék.

Obra editar

 
Ilustración de A Walesi Bárdok

Traduciu tres obras de Shakespeare ao húngaro, Soño dunha noite de San Xoán, Hamlet e King John, así como obras de Aristófanes, Mikhail Lérmontov, Alexander Pushkin e Molière.

A poesía épica de János Arany presenta o pasado mítico e histórico da súa nación. Buda halála (1863), a primeira parte dunha proxectada triloxía é un mellores poemas narrativos da literatura húngara. As outras partes da triloxía (Ildikó, e Csaba) quedaron inacabadas.

Un dos seus poemas máis famosos é A Walesi Bárdok que escribiu cando Francisco Xosé I de Austria visitou Hungría por primeira volta despois da derrota da Revolución Húngara de 1848. É unha peza sobre das campañas de Eduardo I de Inglaterra para subxugar os galeses e pisar a súa cultura.[5] Arany trazaba un paralelo co tratamento de Austria a Hungría e aos húngaros.

Notas editar

  1. Emil Reich: Hungarian Literature: An Historical & Critical Survey – Page 193 Publisher: L.C. Page, 1899
  2. "Janos Arany - Poetry & Biography of the Famous poet - All Poetry". allpoetry.com. Consultado o 2017-06-21. 
  3. Dende 1920 a súa localidade natal pertence a Romanía
  4. "Arany János Gyermek- és ifjúkora". magyar-irodalom.elte.hu. Consultado o 3 de marzo de 2016. 
  5. "Tale of Welsh bards’ massacre taught to generations... in Hungary". walesonline. 

Véxase tamén editar