Ivica Zubac

baloncestista croata

Ivica Zubac, nado o 18 de marzo de 1997 en Mostar, é un xogador croata de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).

Ivica Zubac
Los Angeles Clippers – No. 40
Posición Pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 18 de marzo de 1997 (27 anos)
Bosnia e Hercegovina Mostar
Nacionalidade Croacia Croacia
Altura 2,16 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2016 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Los Angeles Lakers
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Zrinjevac (2013–2014)
Cibona (2014–2016)
Mega Leks (2016)
Los Angeles Lakers (2016–2019)
Los Angeles D-Fenders (2016–2017)
South Bay Lakers (2017–2018)
Los Angeles Clippers (2019–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, Zubac foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Los Angeles Lakers.[1] O 7 de xullo de 2016, Zubac asinou cos Lakers.[2] Zubac debutou na NBA o 2 de novembro de 2016, anotando seis puntos na vitoria dos Lakers por 123-116 contra os Atlanta Hawks.[3] Durante a súa tempada de rookie, Zubac foi asignado en varias ocasións ós Los Angeles D-Fenders, o afiliado dos Lakers na NBA D-League.[4]

O 7 de febreiro de 2019, Zubac foi traspasado xunto a Michael Beasley ós Los Angeles Clippers a cambio de Mike Muscala.[5]

Notas editar

  1. "Lakers Draft Ivica Zubac with 32nd Overall Pick". NBA.com. 23 de xuño de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  2. "Lakers Sign Clarkson, Deng, and Zubac". NBA.com. 7 de xullo de 2016. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  3. "Williams lifts Lakers to 123-116 comeback win over Hawks". ESPN.com. 2 de novembro de 2016. Consultado o 3 de novembro de 2016. 
  4. "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  5. "L.A. Clippers Acquire Ivica Zubac And Michael Beasley". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar