Ivanhoé (en galego Ivanhoe) é unha ópera pastiche en tres actos con música de Gioachino Rossini e libreto en francés de Émile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly, axudados polo seu comitente, o editor Antonio Pacini; está baseada na novela de Walter Scott Ivanhoe. a súa estrea tivo lugar no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826, poucas semanas antes de poñerse en escena - o 9 de outubro - Le siège de Corinthe.

Ivanhoé
Ivanhoe
FormaÓpera (pastiche)
Actos e escenas3 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaÉmile Deschamps e Gabriel-Gustave de Wailly
Fontes literariasIvanhoe de Walter Scott
Estrea15 de setembro de 1826
Teatro da estreaThéâtre de l'Odéon
Lugar da estreaParís
Música
CompositorGioachino Rossini
Personaxes

Ivanhoé (tenor)
Cédric Le Saxon (baixo)
Brian De Boisguilbert (baixo)
Albert De Malvoisin (tenor)
O marqués Lucas De Beaumanoir (baixo)
Ismaël (baixo)
Un heraldo de armas (tenor)
Thierry (mimo)
Léila (soprano)

Historia editar

Ivanhoé foi estreada no Théâtre de l'Odéon de París o 15 de setembro de 1826,[1] poucas semanas antes de estrearse le siège de Corinthe. Logo de ser repetida un par de veces a raíz do éxito da primeira representación, a ópera caeu no esquecemento e non foi recuperada ata 1990 polo Teatro dell'Opéra de Montpellier.

Posteriormente foi interpretada en Inglaterra como The Maid of Judah.[2]

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 15 de setembro de 1826
(Director: -)[3]
Ivanhoé, cabaleiro saxón tenor Lecomte
Léila, filla de Ismaël soprano Le Moule
Brian de Boisguilbert, cabaleiro normando baixo Leclerc
Ismaël, musulmán, plateiro do rei de Francia barítono Léon
Cédric, o pai de Ivanhoé barítono V Adolphe
Le Marquis Lucas de Beaumanoir, xeneral en xefe do exército normando baixo Charles
Albert de Malvoisin, cabaleiro normando tenor Peyronnet
Un heraldo tenor Masson
Thierry mimo

Argumento editar

O libreto de Deschamps e Wailly respecta só en parte a trama da obra de Scott mais, permanecendo no tema ofrece escenas épicas[4] coa presenza de peregriños e campións invencibles, asedios e os procesos contra as nenas condenadas por erro. Tamén están os combates singulares, así como o coñecemento e o predecible final feliz, as unións entre Ivanhoé e Léila, saxóns e normandos unidos nun único pobo inglés, listos para combater contra os comúns inimigos franceses.

Análise editar

A música empregada para a partitura non era, agás a introdución, orixinal, senón que procedía doutras óperas e foi revisada e adaptada para a ocasión a xeito de pastiche[5] polo mesmo Rossini (que, alo menos oficialmente, tería consentido unha operación análoga con ocasión da posta en escena de Robert Bruce) para introducir a súa música en París.

As obras das que se toma a música son: Semiramide, La Cenerentola, La gazza ladra, Tancredi, Bianca e Falliero, Armida, Maometto II, Aureliano in Palmira, Sigismondo, Torvaldo e Dorliska, Moïse et Pharaon e Zelmira[4].

A música que marca varios números musicais, intercálase con recitativos falados ao xeito da opéra-comique, mantendo, porén, respecto ao contexto orixinal.

Notas editar

  1. Osborne, Richard (1986). Rossini. London: Dent. pp. 72–3. ISBN 0-460-03179-1. 
  2. The Theatrical observer and, Daily bills of the play (Volume 1832 v. 3 no.3361-3445:(Sep 22,1832-Dec 31,1832))
  3. "Información de AmadeusOnline.net". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Rossini - Tutti i libretti d'opera, editado por Piero Mioli, cunha introdución de Paolo Fabbri, Newton Compton, 1997, ISBN 88-8183-806-0
  5. Frecuente na escena operística italiana do século XIX.

Véxase tamén editar