Ivan Konstantinovich Tarba, nado o 21 de marzo de 1921 en Baslax,  e finado o 29 de xaneiro de 1994 en Sukhumi, foi un xornalista, escritor e político abkhazo.

Infotaula de personaIvan Tarba

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de marzo de 1921 Editar o valor em Wikidata
Beslakhuba, Xeorxia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1994 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Sukhumi, Xeorxia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1937 Editar o valor em Wikidata -
Xénero artísticoPoesía e Prosa Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua abkhaza e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeQ88089569 Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Naceu nunha aldea do distrito de Ochamchira, durante a invasión do Exército Vermello en Xeorxia, dez días antes de formarse a República Socialista Soviética de Abkhazia. Na década de 1930 comezou a traballar como xornalista, na edición local do xornal rexional "Bolshevistskii Put", e máis tarde nas oficinas rexionais dos xornais "Apsnә Qaps" e "Sovetskaya Abkhaziya".

En 1940[1] uniuse ao partido Comunista e traballou como profesor de abkhazo. En 1947 formouse no Instituto Pedagóxico de Sukhumi. Dende 1958 foi presidente da sección abkhaza da Unión de Escritores Soviéticos. Entre outros cargos foi ministro de educación da República Socialista Soviética Autónoma de Abkhazia, secretario rexional do Partido Comunista de Abkhazia,  deputado do Sóviet Supremo da URSS e do Consello Supremo da RSSA de Abzhazia[2]. O seu primeiro poema publicouno en 1937[3] e escribiu varias coleccións de poesía e novelas. Os temas principais da súa poesía é a beleza da terra natal, a amizade entre os pobos, o traballo do pobo soviético e a resolución de problemas morais. A súa obra traduciuse ao ruso e a outras linguas da Unión Soviética.

Obra editar

  • Ицәажәоит агу: Ажәеинраалақәа 1954 (poesía)
  •  Абзиаразы еиниаша: Ажәеинраалақәеи  1955 (poesía)
  • Бзиа избоит амҩа, 1955 (poesía)
  • Ашәахсҭа. 1957, (poesía)
  • Aaҧınra ağu, 1958 (poesía)
  • Бзыҧтәи аповест, 1961 (novela curta)
  • Идыру ахьз, 1963 (novela)
  • Ақуҧшреи агуҭыхеи, 1964 (poesía)
  • Ашәа аҧҵара мариам, 1968 (teatro)
  • Иалкаау иьымтакуа. T 1-3, Akya, 1971-73;(novela; triloxía)

Notas editar

  1. "Тарба Иван Константинович" Большая советская энциклопедия Советская энциклопедия. 1969—1978.
  2. Глаза мой матери. (Перевод с абхазского В. Рослякова.) // Роман-газета, № 3(985), 1984 г.
  3. Roman-Gazeta nº 3 1984.