Ivan Dimitrov Garufalov (en búlgaro: Иван Димитров Гаруфалов), nado en Malko Tarnovo (Imperio Otomán, hoxe Bulgaria) o 15 de agosto de 1887 e finado en Sofía (R.P. de Bulgaria) o 7 de agosto de 1951, foi un eclesiástico greco-católico búlgaro, exarca apostólico de Sofía entre 1941 e 1951.

Ivan Garufalov
Bispo da Igrexa católica bizantina búlgara
Biografía
Nacemento15 de agosto de 1887 en Malko Tarnovo, Imperio Otomán
Pasamento7 de agosto de 1951 en Sofía, R.P. de Bulgaria
Ordes
Ordenación sacerdotal30 de marzo de 1912, por Mihail Mirov
Consagración episcopal1 de novembro de 1942, por Kiril Kurtev
Exarca apostólico de Sofía
1941 - 1951
PredecesorKiril Kurtev
SucesorKiril Kurtev
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Ivan Dimitrov Garufalov naceu o 15 de agosto de 1887 en Malko Tarnovo, entón parte de Rumelia oriental, baixo suzeranía otomá. Logo de rematar os seus estudos básicos en Malko Tarnovo e en Sofía, entrou na Escola Superior Católica Búlgara de Edirne, onde amosou especial talento pola música sacra e foi axudante de Konstantin Kertev, director do coro da igrexa. En 1905 entrou na Congregación da Resurrección e pasou os primeiros anos en Cracovia. Entre 1908 e 1912 estudou Filosofía e Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, onde foi ordenado sacerdote o 30 de marzo de 1912 polo arcebispo Mihail Mirov.

En 1912 volveu a Edirne, e comezou a súa labor como catequista e profesor na Escola Búlgara. En 1915 foi enviado a exercer o seu ministerio a Malko Tarnovo, onde permanecería até 1940. O 16 de febreiro de 1923 un incendio esnaquizou a escola e a casa sacerdotal. O 10 de xullo de 1925 foi anfitrión de Angelo Roncalli, nomeado delegado apostólico para Bulgaria. O 1 de maio de 1931 comezou coa construción dunha nova igrexa, que rematou en 1935.

En 1941 foi seleccionado substituto do exarca Kiril Kurtev. O 6 de xullo de 1942 o papa Pío XII nomeouno exarca apostólico de Sofía e bispo titular de Lagania. Recibiu a consagración episcopal o 1 de novembro do mesmo ano de mans de Kurtev. Permaneceu no cargo até o seu pasamento en Sofía o 7 de agosto de 1951.


Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Kiril Kurtev
 Exarca apostólico de Sofía 
1941 - 1951
Sucesor:
Kiril Kurtev