Ivan Bunin

escritor ruso, ganador do premio Nobel de Literatura en 1933

Iván Alexéievich Bunin, en cirílico ruso Иван Алексеевич Бунин, nado en Voronezh o 22 de outubro de 1870 e finado en París o 8 de novembro de 1953, foi un escritor ruso. Gañou o Premio Puxquin de literatura.

Ivan Bunin
Nacemento22 de outubro de 1870
 Vorónezh Rusia Rusia
Falecemento8 de novembro de 1953 (83 anos)
 París Francia
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoCemitério Russo de Sainte-Geneviève-des-Bois
NacionalidadeImperio Ruso e Francia
Ocupaciónescritor, tradutor, poeta, prosista e dramaturgo
CónxuxeAnna
Vera Muromtseva
IrmánsYuly Bunin
XénerosNovela, poesía
Coñecido/a porThe Village, Dark Avenues, The Life of Arseniev e The Gentleman from San Francisco
PremiosPremio Nobel de Literatura e Pushkin Prize
Na rede
IMDB: nm0120459 Allmovie: p188821
Musicbrainz: 5bd94ba5-ef8f-4258-91ba-3807f72902ff Discogs: 1400137 IMSLP: Category:Bunin,_Ivan Find a Grave: 10452526 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado na Rusia Central, no seo dunha familia nobre, viviu ata os sete anos na propiedade que os seus pais posuían en Yelets. Educouse no fogar paterno baixo a disciplina dun titor, quen lle ensinou a ler e escribir utilizando unha tradución ao ruso de Don Quixote, cos contos e lendas de Gogol e co Robinson Crusoe.

Durante algún tempo estudou na Universidade de Moscova. Publicou os seus primeiros poemas en 1897 nunha revista literaria de San Petersburgo. A súa primeira colección de poemas, Listopad, apareceu en 1901 sendo calidamente acollida pola crítica. En 1903 recibiu o Premio Pushkin da Academia rusa polas súas traducións ao ruso das obras do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, así como dos poetas ingleses Lord Byron e Alfred Tennyson.

Nos anos previos ao comezo da primeira guerra mundial adicouse a viaxar por Italia, Turquía, Palestina, Exipto, Grecia, Alxeria e Tunisia. Tras a revolución rusa de 1917, en 1919 emigrou a París, onde se estableceu, vivindo modestamente ata a súa morte acaecida en 1953.

Obra literaria editar

 
Iván Alexéievich Bunin

A súa poesía continúa a tradición clásica dos parnasianistas e, especialmente de Aleksandr Pushkin. A partir de 1920, debido ao seu exilio, a súa poesía derivou cara a un lirismo máis acentuado. Cultivou tamén o conto e a novela, fiel ao realismo ruso do século XIX. Vladimir Nabokov encomiou a súa poesía, comparándoa coa de Alexander Blok, pero despreciou a súa prosa.

En 1933 recibiu o Premio Nobel de Literatura pola súa arte, ca cal continuou as tradicións rusas clásicas na escritura da prosa,. Na viaxe a través de Alemaña para aceptar o premio a Estocolmo, os nazis, aparentemente facendo un control de xoias detivérono, sendo coñecedores estes da súa forte oposición ao réxime nazi.

Obras seleccionadas editar

Ligazóns externas editar