Iurii Lotman

lingüista e semiólogo ruso

Iurii Mikhailovich Lotman (en ruso: Ю́рий Миха́йлович Ло́тман, en estoniano: Juri Lotman), nado en Petrogrado o 28 de febreiro de 1922 e finado en Tartu (Estonia) o 28 de outubro de 1993, foi un erudito literario prominente, semiótico, e historiador cultural, que traballou na Universidade de Tartu. Foi membro da Academia Estoniana de Ciencias. Foi o fundador da Escola Tartu–Moscova de Semiótica. O número dos seus traballos imprimidos supera os oitocentos títulos. O seu arquivo, que se conserva na Universidade de Tallinn e na Biblioteca Universitaria de Tartu e inclúe a súa correspondencia cun número de intelectuais rusos, é inmenso.

Iurii Lotman
Nacemento28 de febreiro de 1922
Lugar de nacementoSan Petersburgo
Falecemento28 de outubro de 1993
Lugar de falecementoTartu
SoterradoCemitério Raadi
NacionalidadeRepública Socialista Soviética Federativa de Rusia, Unión Soviética e Estonia
Alma máterUniversidade Estatal de San Petersburgo, Universidade Estatal de San Petersburgo, Universidade Estatal de San Petersburgo e Faculty of Philology of Saint Petersburg State University
Ocupaciónhistoriador da literatura, semiótico, radiotelegrafista, editor literario, filólogo, cultural studies scholar e profesor universitario
CónxuxeZara Mints
FillosMihhail Lotman e Aleksei Lotman
PremiosOrder of the Patriotic War 2nd class, Orde da Estrela Vermella, Medalha "por mérito de batalha", Medalha "Pela Coragem" (Rússia), Orde da Guerra Patria de 1ª Clase, Pushkin Prize, Medalha "Pela Defesa de Moscou", Medalha "Pela Defesa do Cáucaso" e Prémio Literário Juhan Smuul
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Iurii Lotman naceu na familia intelectual xudía do avogado Mikhail Lotman e a dentista educada na Sorbona Aleksandra Lotman en Petrogrado, Rusia. A súa irmá máis vella Inna Obraztsova graduouse no Conservatorio de Leningrado e converteuse en compositora e profesora universitaria de teoría musical; a súa irmá máis nova Victoria Lotman foi unha destacada cardióloga, e a súa terceira irmá Lidia Lotman foi unha estudosa da literatura rusa da segunda metade do século XIX no Instituto para Literatura rusa da Academia rusa de Ciencia.

Lotman Graduouse da escola secundaria en 1939 con notas excelentes e foi admitido na Universidade Estatal de Leningrado sen ter que pasar ningún exame. Alí estudou filoloxía, que foi unha escola que fixo debido aos amigos universitarios de Lidia Lotman (de feito, asistiu a conferencias universitarias en filoloxía mentres estaba aínda na escola secundaria). Os seus profesores universitarios foron académicos de renome como  Gukovsky, Azadovsky, Tomashevsky e Propp. Foi alistado en 1940 e durante a segunda guerra mundial serviu como operador de radio na artillaría. Desmobilizado do exército en 1946, regresou aos seus estudos na universidade e recibiu o seu diploma con honra en 1950. Os seus primeiros artigos de investigación publicados centráronse no pensamento literario e social ruso dos séculos XVIII e XIX.

Incapaz de lograr un posto académico en Leningrado debido ao antisemitismo (non puido entrar nun programa de doutoramento), Lotman foi a Estonia en 1950 e dende 1954 comezou o seu traballo como profesor universitario no Departamento de literatura e lingua rusa da Universidade de Tartu e máis tarde converteuse en xefe do departamento.

Nos principios da década de 1960, Lotman estableceu contactos académicos cun grupo de lingüistas estruturalistas de Moscova, e convidounos na primeira escola de verán en Sistemas de Modelaxe Secundario, que tiveron lugar en Kääriku entre o 19 e o 29 de agosto de 1964.[1] O grupo reuniuse na primeira escola de verán desenvolvida máis adiante no que agora se coñece como a Escola de Semiótica de Tartu–Moscova. Entre os participantes da escola de verán, e outros membros máis tardíos da escola, estaban nomes como Boris Uspensky, Vjačeslav Ivanov, Vladimir Toporov, Mikhail Gasparov, Alexander Piatigorsky, Isaak I. Revzin e Georgii Lesskis. Por mor do seu traballo colectivo, estableceron un encadramento teórico ao redor da semiótica da cultura.

Esta escola é amplamente coñecido pola súa revista Sign Systems Studies publicadas pola Prensa Universitaria de Tartu (antigamente en ruso "Труды по знаковым системам"), que continúa a ser a revista de semiótica máis antiga do mundo, establecida en 1964. Lotman estudou a teoría de cultura, literatura rusa, historia, semiótica e semioloxía (teorías xerais de signos e sistemas de signos), semiótica do cinema, artes, literatura, robótica etc. Neses campos, Lotman foi un dos autores máis citados. O seu estudo principal sobre literatura rusa dedicouno a Pushkin; entre os seus traballos máis influentes en semiótica e estruturalismo están «Semiotics of Cinema», «Analysis of the Poetic Text» e «The Structure of the Artistic Text». En 1984, Lotman acuñou o vocábulo semiosfera. En 1991 recibiu a Medalla de Ouro de Filoloxía, o premio máis alto para un erudito en filoloxía.[2]

Familia editar

A esposa Iurii Lotman, Zara Mints, foi tamén unha erudita recoñecida sobre literatura rusa e profesora en Tartu. Tiveron tres fillos:

  • Mihhail Lotman (nado en 1952), profesor de semiótica e teoría literaria na Universidade de Tallinn, que ademais serviu como membro do Riigikogu (parlamento estoniano) como membro do conservador Partido Res Publica.
  • Grigori Lotman (nado en 1953) é artista.
  • Aleksei Lotman (nado en 1960) é biólogo e dende 2006 tamén se dedicou á política como parlamentario no partido estoniano dos Verdes (2007-2011).

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Andrews, Edna 2003. Conversations with Lotman: Cultural Semiotics in Language, Literature, and Cognition. Toronto: University of Toronto Press.
  • Andrews, Edna 2003. The importance of Lotmanian semiotics to sign theory and the cognitive neurosciences. Sign Systems Studies 43(2/3): 347–364.
  • Elkouch, Hassib 2016. Juri Lotman in Arabic: A bibliography. Sign Systems Studies 44(3): 452–455.
  • Grishakova, Marina, and Silvi Salupere. Theoretical Schools and Circles in the Twentieth-Century Humanities: Literary Theory, History, Philosophy. Routledge, 2015.
  • Kull, Kalevi 1999. Towards biosemiotics with Yuri Lotman. Semiotica 127(1/4): 115–131.
  • Kull, Kalevi 2011. Juri Lotman in English: Bibliography. Sign Systems Studies 39(2/4): 343–356. Ver.
  • Kull, Kalevi; Gramigna, Remo 2014. Juri Lotman in English: Updates to bibliography. Sign Systems Studies 42(4): 549–552.
  • Lepik, Peet 2008. Universals in the Context of Juri Lotman’s Semiotics. (Tartu Semiotics Library 7.) Tartu: Tartu University Press.
  • Mandelker, Amy 1994. Semiotizing the sphere: Organicist theory in Lotman, Bakhtin, and Vernadsky. Publications of the Modern Language Association 109(3): 385–396.
  • Shukman, Ann 1977. Literature and Semiotics: A Study of the Writings of Ju. M. Lotman. Amsterdam: North Holland.
  • Waldstein, Maxim 2008. The Soviet Empire of Signs: A History of the Tartu School of Semiotics. Saarbrücken: VDM Verlag Dr. Müller.

Ligazóns externas editar