Istituto Centrale per il Catalogo Unico

organismo público bibliográfico de Italia

O Instituto central polo catálogo único das bibliotecas italianas e pola información bibliográfica ou ICCU (en italiano: Istituto centrale per il catalogo unico delle biblioteche italiane e per le informazioni bibliografiche) é un organismo público de Italia que ten o obxectivo principal de coordinar, promover e xestionar o catálogo e a rede do Servizo Bibliotecario Nacional (SBN).[1] Tamén é o responsábel técnico e científico en temas de dereitos de autor do Ministerio de Cultura de Italia.

O ICCU foi creado en 1975 para substituír o anterior Centro nazionale per il catalogo unico, que fora creado no ano 1951 para catalogar o patrimonio bibliográfico do país.

Notas editar

  1. ICCU. "L'Istituto". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2015. Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar