Issa Kodzoev, nado o 12 de agosto de 1938 en Anguxt, é un escritor, político, profesor e figura pública inguxo, autor da primeira novela épica en lingua inguxa, ГIалгIай

Infotaula de personaIssa Kodzoev
Biografía
Nacemento1 de agosto de 1938 Editar o valor em Wikidata (85 anos)
Tarskoye, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , dramaturgo , prosista , poeta , tradutor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua ingusetia e lingua rusa Editar o valor em Wikidata

Páxina webissa-kodzoev.ru Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu nunha pequena localidade, de gran relevancia histórica ao ser o primeiro asentamento inguxo ao que chegaron os rusos[1] e do que tomaron o nome para denominar a todo o pobo inguxo, e que no momento de vir Kodzoev ao mundo formaba parte da República Socialista Soviética Autónoma de Chechenia-Inguxetia. O 23 de febreiro de 1944, con cinco anos, as autoridades stalistas acusaron ao pobo inguxo de colaborar cos alemáns e procederon á deportación dos inguxos do seu territorio ancestral[2]. Issa e a súa familia víronse obrigados a marchar a Casaquistán, no exilio morreu toda a súa familia e el educouse nun orfanato. A partir de 1957 os inguxos puideron retornar a Inguxetia pero non á parte onde el nacera, transferida a Osetia do Norte e Issa ao volver instalouse en Thoj-Jurt. Estudou filoloxía no Instituto Pedagóxico Checheno-Inguxo e nesa época comezou a escribir sobre o drama que viviran os chechenos e os inguxos despois da deportación a Casaquistán, como resultado estes escritos constituíron a base da colleita Kazakhstanskii dnevnik. En 1960 mentres aínda estaba na facultade publicou no almanaque Лоаман Iуйре o conto "Наьна дог". Logo de graduarse en 1962 ensinou no Instituto Secundario de Thoj-Jurt e posteriormente foi director do de Ekkažak’ongij-Jurt.

As autoridades soviéticas arrestárono o 4 de xullo de 1963 por distribuír os relatos contidos en Kazakhstanskii dnevnik. O Tribunal Supremo da RSSA de Chechenia-Inguxetia ditou sentenza o 10 de setembro de 1963 condenándoo, canda Ali Tatarovii, a 4 anos de traballos forzados no campo de Dubravlag Mordovia[3]. Despois da súa liberación en 1967 continou co seu labor cultural, colaborou na revista infantil СелаIад e no xornal «Сердало», e contra 1990 traduciu, dende a versión rusa de Boris Pasternak[4], ao inguxo a peza de Shakespeare O rei Lear[5].

En maio de 1988 foi un dos fundadores e dirixentes do movemento sociopolítico Niisho, para a restauración dos dereitos e liberdades do pobo inguxo, a formación dunha república propia dentro de Rusia e a restauración da súa integridade territorial. En setembro de 1989 converteuse en presidente do comité para a restauración da autonomía inguxa[6] pero dous meses despois cesou, o que levou ao cisma á organización, quedando Issa como presidente do partido[7], mentres outro grupo formaba o Consello Popular de Inguxetia. Nas eleccións de 1990 resultou elixido deputado do Consello Supremo de Chechenia-Inguxetia, xogou un papel activo na aprobación das leis rusas sobre a rehabilitación dos pobos represaliados e a da formación da República dos Inguxos en 1992.

Escritor en inguxo e ruso, a súa grande obra é Ğalğaj (ГIалгIай), novela épica en sete volumes, que narra a historia dos inguxos entre 1222 e 1675.

Obra editar

En inguxo editar

  • Дувцараш, 1990
  • Хьасани, Хьусени, Анжела яха хоза йиIиги, 2001 novela infantil
  • Вешта аьлча, 2003
  • КIантий дегаш, 2003
  • ГIалгIай — novela épica en 7 volumes (2001-2013)
    • Магате-Фаьрате, 2001
    • ГIалгIай Лоаме, 2001
    • Зоазо, 2004
    • Дадеков, 2006
    • Мехка гIонча, 2010
    • Ивизда ГIазд, 2011
    • Аьже Ахк, 2013

En ruso editar

  • Казахстанский дневник
  • Над бездной, 2006
  • Обвал, 2009
  • Сердца отважных
  • Сулумбек Сагопшинский, 2011
  • Джамбулат и другие

Notas editar

  1. Jeffrey Cole (2011) Ethnic Groups of Europe: An Encyclopedia. New York:ABC-CLIO, p. 194
  2. Norman M. Naimark (2001) Fires of Hatred: Ethnic Cleansing in Twentieth-Century Europe. Cambridge, Mass. and London: Harvard University Press, p. 96-97.
  3. Timur Muzaev (1992) Novaja Čečeno-Ingušetija, Moscova: Panorama, p. 35
  4. Johanna Nichols (2011) Ingush Grammar University of California Press, p. 797
  5. "ПРАВОЗАЩИТА: Мустафа Беков. Шекспир по-ингушски. При Хрущеве Исса Кодзоев пострадал за правду о сталинских депортациях". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 15 de agosto de 2018. 
  6. The North Caucasus: The Challenges of Integration (I), Ethnicity and Conflict Crisis Group Europe Report N°220, 19 de outubro de 2012
  7. Sokirianskaia, E. (2010). "Governing Fragmented Societies: State-Building and Political Integration in Chechnya and Ingushetia (1991-2009)". Central Europe University, Budapest, p. 252