Israel Kamakawiwoʻole
Israel "IZ" Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole, nado en Honolulu o 20 de maio de 1959 e finado o 26 de xuño de 1997, foi un cantante hawaiano.
Israel Kamakawiwoʻole | |
---|---|
Nome completo | Israel Kaʻanoʻi Kamakawiwoʻole |
Data nacemento | 20 de maio de 1959 |
Nado en | Honolulu, Hawai |
Falecemento | 26 de xuño de 1997 (38 anos) |
Honolulu | |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Ocupación | Cantante |
Xénero | Música hawaiana |
Instrumento(s) | Ukelele, voz |
Relacionado con | Makaha Sons of Niʻihau |
Pseudónimo | Iz |
Na rede | |
https://www.izhawaii.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Traxectoria editar
Fíxose famoso fóra de Hawai cando o seu álbum Facing Future foi lanzado ó mercado en 1993. A súa versión da "Over the Rainbow" e do clásico de Louis Armstrong "What a Wonderful World" foron empregados posteriormente en varios filmes, programas de televisión e en publicidade.
A través do seu ukelele e da incorporación doutros xéneros musicais á súa música (como o jazz e o reggae), Kamakawiwoʻole converteuse nunha das referencias da música de Hawai.[1]
Política editar
Kamakawiwoʻole era coñecido por ser un defensor dos dereitos dos hawaianos e da independencia de Hawai, tanto a través das súas letras, que aludían a miúdo o tema da independencia de forma directa, como da súa vida.[2] A súa canción Hawai'i '78 é unha mostra das súas crenzas e esperanzas que tiña para o pobo de Hawai.[3] O lema do estado de Hawai é unha liña recorrente na canción e abarca o significado da mensaxe de Iz: Ua Mau ke Ea o ka ʻĀina i ka Pono (que significa: A vida nesta terra perpetúase na xustiza).[4]
Discografía editar
Álbums editar
- Ka ʻAnoʻi (1990)
- Facing Future (1993)
- E Ala E (1995)
- N Dis Life (1996)
- Iz in Concert: The Man and His Music (1998)
- Alone in Iz World (2001)
- Wonderful World (2007)
- Over the Rainbow (2011)
Notas editar
- ↑ Gordon, Mike; Beverly Creamer and Wayne Harada. "The Legacy: A Voice Of Hawaiʻi and Hawaiians". The Honolulu Advertiser. Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2008. Consultado o August 19, 2008.
- ↑ Carroll, Rick. Iz: Voice of the People. Honolulu, Hawai'i: Bess, 2006. Print.
- ↑ Israel Kamakawiwo'ole. "Hawai'i '78." Facing Future. Mountain Apple Company, 1993. MP3.
- ↑ http://www.netstate.com/states/mottoes/hi_motto.htm
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Carroll, Rick (2006). IZ: Voice of the people. Honolulu, Hawaiʻi: Bess Press. ISBN 978-1-57306-257-2. OCLC 71325451.
- Kois, Dan (2010). Facing Future. 33⅓. New York: Continuum International Publishing Group. ISBN 9780826429056. OCLC 676695887.