Isidoro Diéguez Dueñas

político comunista español

Isidoro Diéguez Dueñas, nado en Puertollano o 19 de xaneiro de 1909 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista español.

Isidoro Diéguez Dueñas
Nacemento12 de xaneiro de 1909
Lugar de nacementoPuertollano
Falecemento21 de xaneiro de 1942
Lugar de falecementoCemiterio de La Almudena
Causaferida por arma de fogo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Membro do Comité Provincial de Madrid do PCE dende 1936, durante a Guerra Civil participou nas frontes onde se desenvolveu a defensa de Madrid fronte ao avance das tropas do bando sublevado. Chegou a ser membro do Comité Central do PCE. Participou na Junta de Defensa de Madrid como conselleiro suplente. Ao final da guerra fuxiu de Madrid camiño de Valencia, para rematar cruzando en barco a Francia. Pasou pola Unión Soviética e Estados Unidos e rematou en México, arribando a Tamaulipas o 8 de decembro de 1939.[1] O Partido Comunista enviouno de regreso a España para participar na reconstrución interna da formación. Saíu de México destino Lisboa, chegando a Portugal no verán de 1941, en plena segunda guerra mundial. Foi detido pola ditadura portuguesa xunto a outros dirixentes comunistas españois e entregado ás autoridades españolas. Pasou polo cárcere de Porlier en Madrid, foi xulgado en consello de guerra con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez, Francisco Barreiro Barciela, Eladio Rodríguez González, Jesús Gago Correa e Jacinto Nogueira Nogueira e condenado a morte por "adhesión a la rebelión" e actividades contra a Lei de Seguridade do Estado, xunto con Jesús Larrañaga, Manuel Asarta, Jaime Girabau, Francisco Barreiro e Eladio Rodríguez, sendo fusilados nas inmediacións do Cemiterio de Este dous días despois do xuízo.[2]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Garai Bengoam, Juan Ramón (2008). Celestino Uriarte: clandestinidad y resistencia comunista. Madrid: Txalaparta. pp. 162 e ss. ISBN 978-84-8136-524-5. 
  • Estruch Tobella, Joan (1998). El PCE en la clandestinidad. 1939-1956. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-932232-8-X. 

Ligazóns externas editar