Isaiah Canaan

baloncestista estadounidense

Isaiah Canaan, nado o 21 de maio de 1991 en Biloxi, Mississippi, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Olympiacos BC grego.

Isaiah Canaan
Olympiacos  – No. 3
Información persoal
Nacemento 21 de maio de 1991 (32 anos)
Biloxi, Estados Unidos
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 91 kg (201 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Biloxi (Biloxi, Mississippi)
Universidade Murray State (2009–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Houston Rockets
Carreira 2013−presente
Historial de equipos
Houston Rockets (2013–2015)
Rio Grande Valley Vipers (2013–2015)
Philadelphia 76ers (2015–2016)
Chicago Bulls (2016–2017)
Houston Rockets (2017)
Northern Arizona Suns (2017)
Phoenix Suns (2017–2018)
Minnesota Timberwolves (2019)
Milwaukee Bucks (2019)
Shandong Golden Stars (2019)
Stockton Kings (2019–2020)
UNICS Kazan (2020–2022)
Galatasaray (2022)
Olympiacos (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Canaan foi elixido na 34ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Houston Rockets.[1] O 15 de xullo de 2013, asinou o seu contrato de rookie cos Rockets.[2] Durante a súa primeira tempada, foi asignado en varias ocasións ós Rio Grande Valley Vipers da NBA Development League.[3]

O 19 de febreiro de 2015, Canaan foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2015 ós Philadelphia 76ers, a cambio de K. J. McDaniels.[4] Tres días máis tarde fixo o seu debut cos Sixers, na derrota por 98-103 contra os Orlando Magic. Canaan acadou 14 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias en 29 minutos de xogo.[5]

O 30 de xaneiro de 2019, Canaan asinou un contrato de dez días cos Minnesota Timberwolves.[6]

Notas editar

  1. Rockets Draft Isaiah Canaan
  2. Roster Taking Shape for the Rockets
  3. "2013-14 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2014. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  4. "Sixers Acquire Two First-round Picks, A 2015 Second-round Pick, Isaiah Canaan, And JaVale McGee". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  5. "Vucevic powers Magic past 76ers 103-98". Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  6. "Timberwolves Sign Guard Isaiah Canaan to 10-Day Contract". NBA.com. 30 de xaneiro de 2019. Consultado o 30 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar