Isabel de Saavedra

filla natural de Miguel de Cervantes

Isabel de Saavedra, nada no ano 1584 en Madrid e finada en 1652[2], foi unha filla natural de Miguel de Cervantes, a súa única descendente recoñecida, agás polo seu outro suposto fillo napolitano, Promontorio.

Infotaula de personaIsabel de Saavedra
Nome orixinal(es) Isabel de Saavedra y Villafranca Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Isabel Rodríguez y Villafranca Editar o valor em Wikidata
1584
Madrid[1]
Morte1652
Madrid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
Coñecido porFilla de Miguel de Cervantes
Actividade
Ocupaciónlender (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaTrinitarian nuns (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDiego Sanz del Águila
Luis de Molina
FillosIsabel Sanz de Saavedra
PaisMiguel de Cervantes Editar o valor em Wikidata  e Ana de Villafranca y Rojas Editar o valor em Wikidata

WikiTree: De_Saavedra-15

Traxectoria editar

Foi filla de Miguel de Cervantes e da súa amante Ana de Villafranca (1563-1598), unha muller casada a quen o escritor coñeceu pouco despois de volver do seu cativerio en Alxer en 1580. Cando naceu Isabel, o escritor desentendeuse dela e da súa nai ao coincidir o evento co éxito da súa primeira novela, La Galatea e o seu compromiso matrimonial con Catalina de Salazar, que acabou en divorcio. En 1598 morreu Ana de Villafranca e ao ano seguinte Cervantes asumiu a súa responsabilidade como pai, recoñecendo a nena cando xa tiña catorce anos e reclamándoa a través da súa irmá Magdalena, que a puxo ao seu servizo e lle deu o seu segundo apelido, Saavedra, razóns que poden explicar en parte o tenso vínculo que houbo entre os dous; segundo Maganto:

O que semella evidente é que Cervantes non a reclamou cando morreu o pai putativo de Isabel, Alonso Rodríguez, en 1590. Despois, esperou máis dun ano para reclamala e non quixo estar presente en tan honroso acontecemento. Por outra banda, recoñeceuna de xeito implícito, é dicir, non lle deu o seu primeiro apelido, senón o de Saavedra, e sempre por intermedio da súa irmá Magdalena. Todo isto sabíao a súa filla e nunca llo perdoou. Para min, son demasiadas contradicións que non poden expicarse só polo medo a que a súa dona Catalina se enterase[3].

Isabel foi bautizada, segundo a partida que descubriu Emilio Maganto Pavón, o 9 de abril de 1584 na igrexa dos Santos Xusto e Pastor, o que permite desbotar a especulación anterior de que fose acaso filla de Magdalena de Cervantes e de Juan de Urbina. Maganto Pavón aporta 31 documentos novos e inéditos sobre a filla de Cervantes que o desminten. En opinión de Maganto, Isabel foi, con Catalina de Salazar, a esposa de Cervantes, a muller que máis influíu na vida do autor.

Vida persoal editar

O seu primeiro home, Diego Sanz del Águila, faleceu inesperadamente; o segundo, Luis de Molina, foi un arranxo mal desexado. Sostivo unha relación adúltera con Juan de Urbina, con quen tivo unha filla, Isabel Sanz de Saavedra, finada aos dous anos de idade.

Notas editar

  1. "Los hijos de Cervantes". Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  2. mcnbiografias.com (ed.). "Saavedra, Isabel de (1584-1652)". Consultado o 19 de febreiro de 2016. 
  3. Pérez Hinojos, Pedro (21 de xullo de 2013). "Isabel, la pesadilla de Miguel de Cervantes". diariodealcala.es. Arquivado dende o orixinal o 22 de febreiro de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar