Isabel Coixet

directora de cine española

Isabel Coixet i Castillo, nada en Barcelona o 9 de abril de 1960,[1] é unha directora de cine española.

Infotaula de personaIsabel Coixet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Isabel Coixet i Castillo Editar o valor em Wikidata
9 de abril de 1960 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Sant Adrià de Besòs, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cine , escritora , tradutora , guionista , produtora delegada Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
abril de 2020Q91888477 Traducir
17 de outubro de 2012Q64755659 Traducir Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

IMDB: nm0170043 Allocine: 5086 Allmovie: p204197
Discogs: 3386250 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en Barcelona o 9 de abril de 1962. Licenciada en Historia pola Universidade de Barcelona, traballou como xornalista na revista Fotogramas. A súa afección á imaxe faille achegarse ó mundo do cine, desenvolvendo diversas tarefas, e ó mundo da publicidade no que, tras un tempo, creará produtora propia. Debutou como guionista e directora en 1989 con Demasiado viejo para morir joven,[1] película coa que conseguiu un nomeamento aos Goya na categoría de Mellor director novel[2] e, anos máis tarde, marcha a Estados Unidos decidida a filmar aló unha longametraxe: Cosas que nunca te dije (1996).

É un dos pesos pesados da industria publicitaria, e dirixe anuncios por todo o mundo: foi directora creativa da axencia JWT, fundadora e directora creativa da axencia Target e a produtora Eddie Saeta, obtendo os máis prestixiosos premios polos seus traballos este campo. Entre os seus clientes publicitarios figuran Telecomunicaciones Británicas, Ford, Danone, BMW, Ikea, Evax, Renault, Peugeot, Winston, Kronenbourg, Pepsi, Kellogg, MCI, Helene Curtis, Procter Gamble, Juventud de Philip Morris que Fuma Prevención, AT*T... entre moitos outros.

No ano 2000 creou a produtora Miss Wasabi Films dende onde tamén realizou destacados documentais -e videoclips ós máis variados músicos (dende Sexy Sadie ata Alejandro Sanz).

En 2003 triunfa con Mi vida sin mí e en 2005 dirixe La vida secreta de las palabras cuxos protagonistas son Tim Robbins e Sarah Polley.

En 2008 estrea Elegy, un drama romántico baseado na novela The Dying Animal, de Philip Roth, e protagonizado por Penélope Cruz e Ben Kingsley.

A comezos do 2009 remata a rodaxe de Mapa de los sonidos de Tokio, un filme que conta con Rinko Kikuchi e Sergi López como actores principais, e que se estreou o 28 de agosto do mesmo ano.

O 4 de setembro de 2020 anunciouse a concesión polo Ministerio de Cultura e Deporte español do Premio Nacional de Cinematografía como recoñecemento á súa traxectoria.[3][4]

Filmografía editar

Premios editar

  • Premio Nacional de Cine e Audiovisual de Cataluña (2002) pola película Mi vida sin mí.
  • Premio Ollo Crítico de Cine na súa XIV Edición pola película, Mi vida sin mí.
  • Medalla de Ouro das Belas Artes (2009)
  • Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia (2015)[5]
  • Premio Nacional de Cinematografía (2020)
  • Creu Sant Jordi da Generalitat de Cataluña

Premios Goya editar

Ano Película Categoría Resultado
2005 The Secret Life of Words Mellor película Gañadora
Mellor director Gañadora
Mellor guión orixinal Ganadora
2003 Mi vida sin mí Mellor película Candidata
Mellor director Candidata
Mellor guión adaptado Gañadora
1997 Cosas que nunca te dije Mellor guión orixinal Candidata
1990 Demasiado viejo para morir joven Mellor director novel Candidata

Anuncios TV editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Canal TCM (2 de novembro de 2017). "Isabel Coixet: “El cine me enseña el mundo a través de una pequeña rendija”". elpais.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  2. "Estas son las nominaciones de los PREMIOS GOYA 1990". premiosgoya.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  3. EFE (4 de setembro de 2020). "Isabel Coixet recibe el Premio Nacional de Cinematografía por su trayectoria". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  4. "Rodríguez Uribes entregó el Premio Nacional de Cinematografía a Isabel Coixet". culturaydeporte.gob.es (en castelán). 19 de setembro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  5. Redacción (14 de setembro de 2015). "Francia concede a Isabel Coixet con una importante condecoración cultural". lavanguardia.com (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar