Isaac Bonga

baloncestista alemán

Isaac Evolue Etue Bofenda Bonga, nado o 8 de novembro de 1999 en Neuwied, é un xogador alemán de baloncesto profesional que xoga nos FC Bayern München da Basketball Bundesliga.

Isaac Bonga
Bayern München  – No. 9
Información persoal
Nacemento 8 de novembro de 1999 (24 anos)
Alemaña Neuwied
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Posición Escolta / Ala
Información da carreira
NBA Draft 2018 / Rolda: 2 / Elección: 39
Por Philadelphia 76ers
Carreira dende 2016
Historial de equipos
Skyliners Frankfurt (2016–2018)
Skyliners Juniors (2016–2018)
Los Angeles Lakers (2018–2019)
South Bay Lakers (2018–2019)
Washington Wizards (2019–2021)
Toronto Raptors (2021–2022)
Raptors 905 (2021–2022)
Bayern München (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

En xuño de 2016, Bonga asinou un contrato de catro anos co Skyliners Frankfurt da Basketball Bundesliga.[1] Debutou na Bundesliga con 16 anos o 23 de setembro de 2016, na derrota por 84-55 contra o Brose Bamberg.[2]

O 21 de xuño de 2018, Bonga foi seleccionado na 39ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers. O 6 de xullo foi traspasado ós Los Angeles Lakers a cambio dunha elección da segunda rolda do Draft de 2019.[3] Tras o traspaso, Bonga asinou un contrato de rookie cos Lakers.[4] Fixo o seu debut na NBA o 7 de decembro de 2018 contra os San Antonio Spurs.[5]

O 5 de xullo de 2019, Bonga foi traspasado ós Washington Wizards nun traspaso entre tres equipos.[6]

O 12 de agosto de 2021, Bonga asinou cos Toronto Raptors.[7]

Notas editar

  1. "FRAPORT SKYLINERS verpflichten Nachwuchs-Nationalspieler Isaac Bonga | FRAPORT SKYLINERS". www.fraport-skyliners.de. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2016. Consultado o 2016-06-18. 
  2. "easyCredit - 2016-09-23 BAM-FRA". www.easycredit-bbl.de. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 2016-09-23. 
  3. "Lakers Acquire Isaac Bonga in Trade with Philadelphia". Lakers.com. 6 de xullo de 2018. 
  4. "Lakers Sign Isaac Bonga". NBA.com. 6 de xullo de 2018. Consultado o 6 de xullo de 2018. 
  5. "Features | NBA.com". www.nba.com. Consultado o 2018-12-08. 
  6. "Wizards acquire Wagner, Jones and Bonga from Lakers". NBA.com. 5 de xullo de 2019. 
  7. "Raptors sign F Bonga to contract". TSN. 2021-08-11. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-12. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar