Mesopotamia
Río ÉufratesTigris
Cidades / Imperios
Sumeria: UrukUrEridu
KishLagashNippur
Imperio acadio: Agadé
BabiloniaIsínLarsaSusa
Asiria: AsurNínive
NuziNimrud
Imperio BabilónicoCaldea
ElamAmorreos
MitanniCasitas
Cronoloxía
Reis sumerios
Reis de Asiria
Reis de Babilonia
Lingua
Escrita cuneiforme
Lingua sumeriaAcadio
Elamita
Mitoloxía
GilgameshMarduk

Isín foi unha cidade estado de Mesopotamia que se proclamou como independente cara ao -2400 pasando cara ao -2350 a mans de Lugalzagesi de Umma e despois a mans de Sargón I e aos seus sucesores.

Historia editar

 
Isín e Babilonia durante a dinastía casitas, século XIII a. C.
 
A cidade de Isín en Mesopotamia

Cara ao -2200 volvía ser independente e cara ao -2050 o rei de Ur fíxose amo da rexión de Isín e Mari. No -2015 o gobernador urita desta rexión, Ishiberra, toma o título de rei de Isín e comeza as súas conquistas: no -2015 Nippur, cara ao -2000 Eshunna e no -1998 Ur, Eridu e Uruk. No 1985 morre Ishiberra e sucédeo Shuilishu (-1085 - -1975) e despois Iddindagam (-1975 - -1954). No -1970 someteu á cidade de Der. No -1954 Ishmedagan sucedeu a Iddindagam. A hexemonía comezou a esgotarse cando no -1925 Larsa conquistou Ur, Uruk e Eridu. No -1898 Isín reconquistou Ur efemeramente.

No -1875 Larsa xa tiña a hexemonía e Isín quedara reducida á cidade, ao seu propio territorio e á cidade de Nippur, que Larsa ocupou no -1895 pero Isín recuperou, e oscilou entre ambas. No -1865 o rei vasalo de Uruk independizouse. No -1838 perdeu outra vez Nippur a mans de Larsa pero puido volvela a recuperar. No -1835 Larsa ocupou Nippur, pero caída a dinastía de Isín, Nippur fíxose independente (1834), ata que ao ano seguinte Isín a ocupou. No -1830 Isín tívoa que conquistar de novo, poida que por unha revolta ou por unha conquista de Larsa.

No -1828 Larsa conquistou Nippur e Isín recuperouna no -1813 pero só por un ano, entón no -1812 Larsa conquistouna por enésima vez. No -1802 Isín recuperou Nippur. No -1793 Larsa ocupou Isín. Nippur fíxose efemeramente independente pero tamén foi ocupada. No -1762 pasou a Babilonia, que a manterá coa excepción de curtos períodos de dominio de Asiria (-1235 - -1227), Elam (-1159 - -1156) e de independencia (-1156 - -1135). Despois seguiu a historia de Babilonia.

Reis de Isín editar