O irracionalismo é unha tendencia filosófica que nega que o mundo poida ser comprendido a través da razón ou pensamento conceptual. É un dos trazos do romanticismo que fai fincapé na emoción e na imaxinación, ao contrario da ilustración, que de maneira optimista cría no poder da razón.

No século XVII Blaise Pascal mostrounos o irracional da existencia humana. As análises contemporáneas continúan en moitos casos cou súa visión e céntranse no estudo do que está fora da razón.

Definicións particulares dos filósofos editar

Pascal editar

O último paso da razón é recoñecer que hai unha infinidade de cousas que a superan; é fraca se non chega a coñecer isto.

Meyerson editar

Irracional, é dicir [acollido dificilmente polo nodo ente de mentó], como algo que penetra nel dende fóra.

Jung editar

Empregou o termo irracional para designar, non o que é contrario á razón, senón o que está fóra dela, o que non se explica pola razon. Así serían irracionais todos os feitos elementais; por exemplo: a lúa é satélite da tierra.

En filosofía editar

Acostuma chamarse así á doutrina filosófica que comprende todas aquelas teorías que negan o primado da razón, entendendo por tal ao entendemento humano na súa función discursiva. Nas súas posturas máis extremas, o irracionalismo sería con frecuencia unha reacción ao exaxerado racionalismo dominante en moitos filósofos e pensadores a partir de Descartes, e que perdura en diversos ambientes e correntes ata o século XX (por exemplo positivismo, empirismo, idealismo etc.), pero sen conseguer o equilibrio e acerto dun verdadeiro realismo. En realidade, tratase dun termo de significado pouco preciso no que se engloban posturas doutrinales de moi diversa índole e motivación. Así, dentro do irracional, como opuesto ao racional, pode encadrarse a inspiración poética, a intuición, o éxtase místico, a visión profética, o instinto, o subconscente etc.; é dicir, todas aquelas formas de coñecer e de actuar que non parecen poder reducirse nin explicarse pola ríxida e nítida estrutura do discurso racional (coñecemento, raciocinio). Tomado neste amplo sentido, o irracionalismo é unha constante do espírito humano, cuxas manifestacións, máis ou menos intensas, máis ou menos prevalentes, poden detectarse ao longo de toda a historia do pensamento. A oposición entre racional-irracional pode facerse equivalente á de apolíneo-dionisiaco delineada por Nietzsche no seu Die Geburt der Tragódie (1872) dentro da cultura grega. Como xa tiña sinalado con anterioridade Schelling, o apolíneo é o definido, o ordenado, o sistematizado; o dionisiaco é o impulsivo, o instintivo, o paixoal.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar