Irmáns Pinzón

páxina de homónimos de Wikimedia

Os irmáns Pinzón, que foron Martín Alonso, Vicente Yáñez e Francisco Martín, foron tres destacados mariños españois, membros da familia Pinzón, naturais de Palos de la Frontera, na provincia de Huelva, quen viviron de finais do século XV e comezos do XVI, e que participaron activamente na primeira viaxe de Cristovo Colón, que tivo como resultado o descubrimento de América, amais de noutras viaxes de descubertas e exploración.

Aos Irmáns Pinzón en Palos de la Frontera.

Martín Alonso e Vicente Yáñez, capitáns das carabelas La Pinta e La Niña, respectivamente, son os irmáns mais coñecidos, pero hai un terceiro, menos popular, que fora a bordo da carabela La Pinta como maestre: Francisco Martín. Martín Alonso foi o home grazas ao cal conseguiuse que a mariñeiría da zona do Tinto-Odiel animarase a participar na empresa colombina.[1] Así mesmo apoiou economicamente o proxecto aportando cartos da súa facenda persoal.[2] Francisco, o maestre de La Pinta, parece que, ademais de no primeiro viaxe, participou tamén no terceiro e cuarto dos viaxes colombinos, pero, por ser seu nome moi común, seus datos biográficos confúndense con outros homónimos da súa época.[3][4] Por último, Vicente Yáñez, o menor dos tres irmáns, ademais de participar no primeiro viaxe de Colón,[5] unha vez finado o monopolio colombino, realizou outros viaxes de descubrimento pola súa conta, entre os que cabe destacar o descubrimento do Brasil.[6]

A participación dos Pinzón foi crucial para a empresa descubridora, xa que ninguén estivo disposto a enrolarse con Colón ata que o maior dos irmáns, Martín Alonso, rico e afamado armador da zona, deu seu apoio á empresa española.

Notas editar

  1. ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 37-110.
  2. DE LAS CASAS, Bartolomé. "Capítulo XXXIV". Historia de las Indias. Tomo I. p. 256. Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  3. ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 135-137.
  4. GOULD, Alice B. Pág. 132 y siguientes.
  5. ORTEGA, Ángel. Tomo III, págs. 111-112.
  6. IZQUIERDO LABRADO, Julio (1999). "Vicente Yáñez Pinzón". Consultado o 18 de outubro de 2008. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar