Irina Bokova

diplomática búlgara


Irina Georgieva Bokova (en búlgaro: Ирина Георгиева Бокова), nada en Sofía o 12 de xullo de 1952, é unha política búlgara, ex-militante comunista e membro do Parlamento durante dúas lexislaturas. Foi ministra de Asuntos Exteriores e Embaixadora da República de Bulgaria en Francia e en Mónaco. O 22 de setembro de 2009, Bokova foi proposta polo goberno de Bulgaria[1] e elixida Directora Xeral da Unesco.[2], sendo a primeira muller e a primeira persoa da Europa Oriental en tomar este papel.[3]

Infotaula de personaIrina Bokova

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(bg) Ирина Георгиева Бокова Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1952 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Sofía, Bulgaria Editar o valor em Wikidata
Director-General of UNESCO (en) Traducir
15 de outubro de 2009 – 10 de novembro de 2017
← Koichiro MatsuuraAudrey Azoulay →
Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir
5 de xullo de 2001 – 18 de maio de 2005

Circunscrición electoral: 25th MMC – Sofia-city 25 (en) Traducir

Convidado especial da Assembleia Parlamentar do Conselho da Europa (pt) Traducir
Representa: Bulgaria

26 de setembro de 1990 – 4 de maio de 1992
Administrador Institut de Relations Internationales et Stratégiques (en) Traducir
Minister of Foreign Affairs of Bulgaria (en) Traducir
Ambassador of Bulgaria (en) Traducir
Member of the Bulgarian National Assembly (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBulgaria Editar o valor em Wikidata
EducaciónInstituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova
Escola de Goberno John F. Kennedy
First English Language School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica e diplomacia Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndiplomática , política Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUNESCO Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Búlgaro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua búlgara Editar o valor em Wikidata
Participou en
25 de outubro de 2022FII 6th Edition in Riyadh (en) Traducir
17 de xaneiro de 2017World Economic Forum Annual Meeting 2017 (en) Traducir
20 de xaneiro de 2016World Economic Forum Annual Meeting 2016 (en) Traducir
World Economic Forum Annual Meeting 2013 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webirinabokova.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: IrinaBokova Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Familia editar

É a filla de Georgi Bokov, editor en xefe do xornal do Partido Comunista Búlgaro, Rabotnitchesko Delo.[2]

Formación editar

Membro do partido comunista, asistiu á escola secundaria en inglés e logo ao Instituto Estatal de Relacións Internacionais de Moscova e a Universidade de Maryland. A súa formación permitiulle ser nomeada como asesora da ONU en 1980.

Cargos editar

Foi viceministra de Asuntos Exteriores e ministra de Asuntos Exteriores interina baixo o primeiro ministro de Bulgaria Zhan Videnov. Tamén actuou como embaixadora de Bulgaria en Francia e Mónaco, e foi a delegada permanente de Bulgaria ante a UNESCO. Bokova tamén foi o representante persoal do presidente de Bulgaria ante a Organización Internacional da Francofonía (2005-2009).

O 15 de novembro de 2009 tomou posesión como novena Directora Xeral da UNESCO converténdose na primeira muller e na primeira do sueste de Europa en dirixir a axencia.

Na UNESCO editar

Bokova avogou pola igualdade de xénero, a mellora da educación e a prevención do financiamento do terrorismo, especialmente mediante a aplicación da protección da propiedade intelectual.[4][5]

A Directora Xeral Bokova, acérrima opositora do racismo e do antisemitismo, dirixiu as actividades da UNESCO sobre a lembranza do Holocausto.[6]

En marzo de 2015, lanzou Unite4Heritage, unha campaña que ten como obxectivo crear un movemento global "para protexer e salvagardar o patrimonio nas zonas onde está ameazado por extremistas".[7] A campaña foi desencadeada pola programática destrución do patrimonio cultural realizada en Iraq e Siria polo Estado Islámico de Iraq e Levante desde 2014, en particular despois da circulación de vídeos de saqueos en Iraq e Siria, no Museo de Mosul, a destrución nas cidades de Nimrud e Hatra, Patrimonio da Humanidade.

Recoñeceu a traxectoria de Khaled al-Asaad, e condenou o seu asasinato dicindo: "Matárono porque non traizoaba o seu profundo compromiso con Palmira. Aquí é onde dedicou a súa vida". Bokova dirixiu os esforzos para bloquear o comercio de artefactos culturais sirios e iraquís para financiar o ISIS e outros grupos islamitas radicais. Estes esforzos levaron á adopción da Resolución 2199 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas o 12 de febreiro de 2015. Esta resolución recoñeceu oficialmente o vínculo entre o tráfico ilícito e a seguridade, prohibiu todo o comercio de bens culturais procedentes da zona e solicitou que a UNESCO coordinase os esforzos nesta área coa Interpol.[8] En resposta á ameaza para as antigüidades de Iraq polo aumento da violencia e a inestabilidade, Bokova implementou un plan de emerxencia para salvagardar os artefactos do patrimonio cultural de Iraq.[9]

O 19 de outubro de 2015, a DW alemá informou de que Xapón ameaza con deter o financiamento da UNESCO pola decisión da organización de incluír documentos relacionados co masacre de Nanjing de 1937 na listaxe máis recente do seu programa "Memoria do mundo". Aínda que a decisión non foi da Dirección Xeral, un profesor xaponés afirmou que a señora Bokova podería ter interese en cortexar a China.[10] En outubro de 2016, despois de opoñerse a unha resolución respaldada polos árabes na UNESCO que negaba a conexión do Monte do Templo co xudaísmo, Bokova recibiu ameazas de morte, o que fixo que se reforzase a súa protección.[11]

Traballo posterior á UNESCO editar

En 2018 anunciouse que Irina Bokova daría clases na Universidade de Kyung Hee en Corea. A Universidade de Kyung Hee tamén concedeu a Bokova un doutoramento honorario en Estudos da Paz, e asumiu a cátedra Miwon e o cargo de reitor honorario do Humanitas College.[12]

En 2020[13] foi seleccionada como membro honorario internacional da Academia Americana de Artes e Ciencias en Clase V — Asuntos públicos, empresas e administración, sección Liderado científico, cultural e sen ánimo de lucro. (Class V — Public Affairs, Business, and Administration, section Scientific, Cultural, and Nonprofit Leadership).[14]


Predecesor:
Koichiro Matsuura
 Directora xeral da UNESCO 
2009 - 2017
Sucesor:
Audrey Azoulay

Notas editar

  1. "Bulgaria nominates Bokova for UN Secretary General". www.euractiv.com (en inglés). 2014-06-19. Consultado o 2022-08-19. 
  2. 2,0 2,1 Cf. "La búlgara Irina Bokova, elegida Directora General de la Unesco", artigo en El Mundo, 22 de setembro de 2009 (en castelán).
  3. Lehnartz, Sascha (2009-09-24). "Die erste Frau an der Spitze der Unesco". DIE WELT (en alemán). Consultado o 2022-08-19. 
  4. Xafi; Campolongoteca (2016-04-23). "Biblioteca de Campolongo: Mensaxe da Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO, con motivo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor". Biblioteca de Campolongo. Consultado o 2022-08-19. 
  5. "Mensaxe da Directora Xeral da UNESCO, Irina Bokova, co gallo do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor 2015 (Versión galega)". crebas.gal. Consultado o 2022-08-19. 
  6. "Mensaje de la Directora General de la UNESCO Irina Bokova, con motivo del Día Internacional de Conmemoración en Memoria de las Víctimas del Holocausto: Propaganda antisemita y Holocausto: de las palabras al genocidio". unesdoc.unesco.org (en castelán). Consultado o 2022-08-19. 
  7. "Campaña #Unite4Heritage. lanzada pola Directora Xeral da UNESCO en Bagdad". whc.unesco.org. UNESCO. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  8. "Estamos unidos para protexer o patrimonio cultural de Iraq, di o presidente francés xunto ao director xeral da UNESCO". UNESCO. Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  9. "Plan de acción de resposta ás emerxencias para salvagardar o patrimonio iraquí". Consultado o 13 de agosto de 2015. 
  10. "Japan furious at UNESCO listing Nanjing Massacre documents ; 19.10.2015". DW.com (Deutsche Welle). Consultado o 2022-08-19. 
  11. "Dirixente da UNESCO recibiu ameazas de morte por opoñerse á moción de Xerusalén (Times of Israel)". 17 de outubro de 2016. 
  12. "Invest in culture and education". koreatimes (en inglés). 2022-05-17. Consultado o 2022-08-19. 
  13. Anuncáronse novos membros de 2020 Sitio web da Academia Americana de Artes e Ciencias
  14. "New Members". American Academy of Arts & Sciences (en inglés). Consultado o 2022-08-19. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar