Iridoviridae é unha familia de virus con xenomas de ADN bicatenario.[1] Os hóspedes naturais destes virus son anfibios, peixes, invertebrados, entre os cales están, entre outros, os insectos lepidópteros e ortópteros. Hai actualmente 12 especies nesta familia, dividida en dúas subfamilias e 5 xéneros.[1][2]

Nomenclatura editar

O seu nome deriva do da deusa do arco da vella grega Iris, debido á iridescencia similar a aun arco da vella observada en insectos moi infectados e mostras en boliñas de iridovirus de invertebrados. Como nome común, iridovirus pode usarse para referirse a calquera membro da familia Iridoviridae ou só a un xénero determinado, o Iridovirus.

Taxonomía editar

Grupo: ADN bicatenario

[1]

Outra especie é o shrimp haemocyte iridescent virus (virus iridescente do hemocito de camarón).

Estrutura editar

Os virións desta familia son icosaédricos con número de triangulación (T) = 189–217, 120–350 nm de diámetro e están constituídos por tres dominios: unha cápside proteinácea externa, unha membrana lipídica intermedia e un núcleo ou core central que contén complexos ADN-proteína. Algúns dos virus teñen tamén unha envoltura externa. A presenza ou ausencia dunha envoltura depende de se estes se evaxinan da membrana celular (virus envoltos) ou están dispostos formando conxuntos paracristalinos dentro do citoplasma da célula hóspede e despois son liberados por lise celular (virus sen envoltura).

O xenoma linear varía en lonxitude entre as 150 e 303 quilobases. Contén secuencias terminais e redundantes e está permutado circularmente.

Os membros desta familia difiren no seu grao de metilación do xenoma. O xénero Chloriridovirus e Iridovirus carecen dun xenoma altamente metilado. Ao contrario, os membros dos xéneros Lymphocystivirus, Megalocytivirus e Ranavirus teñen xenomas cun 25% dos seus residuos de citosina metilados por unha ADN metiltransferase codificada polo virus.

Xénero Estrutura Simetría Cápside Arranxo xenómico Segmentación xenómica
Lymphocystivirus Poliédrico T=189-217 Linear Monopartito
Megalocytivirus Poliédrico T=189-217 Linear Monopartito
Ranavirus Poliédrico T=133 ou 147 Linear Monopartito
Iridovirus Poliédrico T=147 Linear Monopartito
Chloriridovirus Poliédrico T=189-217 Linear Monopartito

Expresión xénica editar

Igual que os virus herpes, a transcrición ocorre en tres etapas: inmediata-temperán, atrasada-temperán e tardía. Hai indución positiva e mecanismos de retroalimentación negativa en cada etapa, mediados por produtos das outras etapas.

Replicación editar

As partículas víricas entran na célula e prodúcese a decapsidación. O ADN viral é transportado ao núcleo celular, onde é transcrito pola ARN polimerase II do hóspede modificada polo virus. Mentres, detense a síntese macromolecular do hóspede.

O ADN parental produce un xenoma que é despois o molde para a replicación no citoplasma. Fórmanse grandes concatémeros de ADN viral por recombinación no citoplsma. O empaquetamento dos novos xenomas nos virións ocorre no citoplasma e o virus é liberado por evaxinación desde a membrana da célula ou por lise.

Xénero Detalles do hóspede Tropismo de tecido Detalles da entrada Detales da liberación Sitio de replicación Sitio de ensamblaxe Transmisión
Lymphocystivirus Peixes Ningún Endocitose mediada por receptor celular Lise; evaxinación Núcleo Citoplasma Descoñecida
Megalocytivirus Peixes Ningún Endocitose mediada por receptor celular Lise; evaxinación Núcleo Citoplasma Descoñecida
Ranavirus Ras; serpes Ningún Endocirose mediada por receptor celular Lise; evaxinación Núcleo Citoplasma Contacto
Iridovirus Insectos Ningún Endocitose mediada por receptor celular Lise; evaxinación Núcleo Citoplasma Contacto
Chloriridovirus Dípteros con estados larvarios acuáticos, principalmente mosquitos Ningún Endocitose mediada por receptor celular Evaxinación Núcleo Citoplasma Descoñecida

Patoxénese editar

Sábese pouco sobre a patoxénese dos iridovirus. Porén, a patoxénese depende da temperatura, o que fai que os iridovirus estean confinados en hóspedes poiquilotermos e non poidan infectar hóspedes de "sangue quente".

Hóspedes editar

Os membros da familia Iridoviridae infectan principalmente invertebrados, pero tamén algunhas especies de vertebrados, como algúns peixes, anfibios e réptiles.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Iridoviridae". ICTV Online (10th) Report (en inglés). 
  2. "Viral Zone". ExPASy. Arquivado dende o orixinal o 26 de marzo de 2017. Consultado o 25 de abril de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar