Irene Fernández Núñez

xornalista galega

Irene Fernández Núñez, nada en Boborás o 14 de abril de 1956,[1] é unha xornalista galega. Residiu na súa infancia en Bilbao, aínda que vive e traballa en Madrid.

Infotaula de personaIrene Fernández Núñez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de abril de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Boborás, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Licenciada en xornalismo pola Universidade Complutense,[2] comezou a súa actividade na Cadena SER. Máis tarde, traballou durante uns anos en La Voz de Galicia, sendo entre 1988 e 1989 Xefe de Prensa da Delegada do Goberno en Madrid, entón Ana Tutor.

Finalmente, tras varios medios de comunicación máis, probou sorte en Telemadrid, onde volveu de reporteira no programa Madrid Directo.

Premios editar

O 1 de xullo de 1998 recibe de mans da raíña de España o Premio Dona Sofía polas súas máis de 150 reportaxes de prisións españolas e o seu compaxinado traballo en Madrid Directo. Tamén recibiu o Premio Ponte Colgante de Narrativa, na modalidade de Contos.[2]

No 2011, na 44ª edición dos premios a Enxebre Orde da Vieira, foi distinguida na modalidade de Comunicación, galardón que recibiron no seu día personaxes como Fernando Ónega, Luis Mariñas ou Borobó.

Notas editar

  1. "Vida social. Cumpleaños". ABC. 13 de abril de 1989. Consultado o 28 de febreiro de 2019. 
  2. 2,0 2,1 "Irene Fernández Núñez, vicepresidenta del Club de Periodistas Gallegos en Madrid". Periodistas Gallegos (en castelán). Consultado o 28 de febreiro 2019.