Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012. Desde 1993 até a súa disolución formou parte do BNG.

Historia editar

Inzar constituíuse como partido político xurdido da unificación do Movemento Comunista de Galicia e da Liga Comunista Revolucionaria de Galicia en 1991[1]. En 1993 integrouse no BNG, sempre con pouco peso cuantitativo no seu interior: no ano 2002, por exemplo, tiña 234 militantes.

A formación acordou a súa disolución o 3 de marzo de 2012[2]. Xesús Veiga Buxán, deputado no Parlamento de Galicia polo BNG entre 1993 e 2005, foi o seu dirixente máis coñecido.

Notas editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.