Inti

deus inca do Sol

Inti é un antigo deus solar da mitoloxía inca. É adorado como o patrón nacional do estado inca. Malia que é considerado por moitos como o deus Sol, é máis exacto consideralo como un conxunto de aspectos relacionados co Sol, xa que os incas dividían a súa identidade segundo as súas diferentes fases.[1] Adorado como deus patrón do Imperio Inca,[2] Pachacuti é considerado como a orixe da expansión do culto do Sol inca.[3][4] A historia máis común arredor del di que é fillo de Viracocha, o deus da civilización.[5]

Inti na bandeira do Perú, deseñada por José Bernardo de Tagle, 1822.
Bandeira da Arxentina con Inti.

De acordo co lingüista Rodolfo Cerrón-Palomino, a verba inti non é de orixe quechua senón que é un préstamo da extinta lingua puquina.[6] A teoría do préstamo puquina explica porqué linguas non relacionadas xeneticamente como o quechua, o aimará e o mapuche teñen palabras semellantes para nomear o Sol.[6][7]

Notas editar

  1. Conrad e Demarest 1984, páx. 108
  2. D'Altroy 2003, páx. 148
  3. Steele & Allen 2004, páx. 246
  4. D'Altroy 2003, páx. 147
  5. Fash e Lyons, 2005
  6. 6,0 6,1 Cerrón-Palomino, Rodolfo. (2013). Las lenguas de los incas: el puquina, el aimara y el quechua. Frankfurt, Alemaña: Peter Lang Academic Research.
  7. Moulian, Rodrígo; Catrileo, María; Landeo, Pablo (2015). "Afines quechua en el vocabulario mapuche de Luis de Valdivia". Revista de lingüística teórica y aplicada (en castelán) 53 (2). doi:10.4067/S0718-48832015000200004. Consultado o 13 de xaneiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bushnell, G. H. S. (1957). Peru. Londres: Thames and Hudsonar
  • Conrad, Geoffrey W. e Arthur A. Demarest. (1984). Religion and Empire: The Dynamics of Aztec and Inca Expansionism. Nova York: Cambridge University Press.
  • D'Altroy, Terence N. (2003). The Incas. Blackwell Publishing.
  • Fash, William e Mary E. Lyons. (2005). The Ancient American World (The World in Ancient Times). Nova York: Oxford University Press.
  • Lane, Kevin. (2011). Inca. In Timothy Insoll (Ed.), Oxford Handbook of the Archaeology of Ritual and Religion. (px. 571–584). Nova York: Oxford University Press.
  • Littleton, C. Scott. (2005). Gods, Goddesses, and Mythology. Volume II. Marshall Cavendish Press.
  • Parker, Janet, et al. (2007). Mythology: Myths, Legends, and Fantasies. Global Book Publishing.
  • Steele, Paul R., & Allen, Catherine J. (2004). Handbook of Inca Mythology. ABC-CLIO, Inc.
  • Suarez, Ananda Cohen e Jeremy James George. (2011). Handbook to Life in the Inca World. (px. 86–129). Nova York: Facts on File Library of World History.