A Organización Internacional de Policía Criminal, mundialmente coñecida pola súa sigla Interpol (en inglés: International criminal Police Organization), é unha Organización Internacional que axuda na cooperación de policías de distintos países. Foi creada en Viena, en Austria, o ano de 1923, polo xefe da policía vienense Johannes Schober, coa designación de Comisión Internacional de Policía Criminal.

Interpol
Tipoorganización intergobernamental, força de segurança, organización internacional, Telegraphic address e missing persons organization
Área de operaciónmundial
Data de fundación7 de setembro de 1923
Presidente/aAhmed Naser Al-Raisi (pt) Traducir (2021-) Editar o valor em Wikidata
Secretario/aJürgen Stock
Nº de membros194 Editar o valor em Wikidata
Nº de empregados756 (2013) Editar o valor em Wikidata
Orzamento113000000 dólar estadounidenses
SedeLión
Na rede
https://www.interpol.int/
Facebook: InterpolHQ Twitter: INTERPOL_HQ Instagram: interpol_hq Youtube: UCzY3w-5muWAUWIdCJ1EYuLw Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Entre 1938 e 1945 despois da anexión de Austria polo Terceiro Reich, a organización foi comandada por catro diferentes oficiais nazis da SS: Otto Steinhäusl, Reinhard Heydrich, Arthur Nebe e Ernst Kaltenbrunner[1], todos mortos durante a segunda guerra mundial ou executados como criminais de guerra ao fin do conflito.

Ten a súa sede en Lión (Francia),[1] adoptando o nome actual en 1956 e ten a participación de 188 países membros.

A sigla Interpol foi por primeira vez utilizada en 1946. A Interpol non se implica na investigación de delitos que non impliquen varios países membros ou crimes políticos, relixiosos e étnicos. Trátase dunha central de información para que as policías de todo o mundo poidan traballar integradas no combate ao crime internacional, o tráfico de drogas e os contrabandos.

Dende o 21 de novembro de 2018, o seu presidente é Kim Jong Yang, orixinario de Corea do Sur.[2]

Un exemplo da participación da Interpol nun caso é a desaparición de Madeleine McCann, unha rapaza inglesa que desapareceu nun cuarto de hotel nunha cidade portuguesa próxima á fronteira coa España. En setembro de 2011 a Interpol publicou mandado de prisión contra o entón Xefe de Estado de Libia, Muammar al-Gaddafi, durante as protestas en contra do Goberno.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 INTERPOL, ed. (12-11-2010). "History" (en español). Arquivado dende o orixinal (ASP) o 04-08-2011. Consultado o 10-09-2011. 
  2. "South Korean Kim Jong-yang Elected New Head of Interpol" (en inglés). Korean Broadcasting System. 21 de novembro de 2018. 
  3. La Voz de Galicia, ed. (08-09-2011). "Interpol emite ordes de detención contra Gadafi e un dos seus fillos" (HTM). Consultado o 10-09-2011.