Internacional de Madrid

O Internacional de Madrid, máis coñecido como Internacional ou Inter de Madrid, e durante un tempo, por razóns de patrocinio, como Dux Internacional, é un equipo de fútbol español de Villaviciosa de Odón, na Comunidade de Madrid. Fundouse en 2002 e competía no grupo I da Primeira División RFEF ata 2022, data en que foi apartado da competición.

Inter de Madrid
NomeDux Internacional de Madrid
Fundación2002
EstadioMunicipal de Villaviciosa,
Villaviciosa de Odón, Madrid, España España
Capacidade2.000
Presidente Stephen Newman
AdestradorEspaña Alfredo Santaelena
LigaPrimeira RFEF – Grupo 1
2020–212ª B – Grupo 5 (B),
2ª B – Grupo 5 (C),
Na rede
http://interdemadrid.com/
Twitter: teamduxgaming Instagram: teamduxgaming Youtube: UCyzIeoylqUPfYfRYv9BvxMQ Twitch: teamdux Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Historia editar

O Internacional de Madrid foi fundado en 2002 por un grupo de empresarios. Na súa primeira tempada, o club inscribiuse en Terceira Rexional, a oitava categoría do fútbol madrileño, e xogaba os seus partidos no barrio madrileño de Orcasitas. Acabou a tempada como primeiro clasificado, despois de gañar todos os partidos, con 187 goles a favor e 25 en contra, conseguindo o ascenso de categoría. Na segunda tempada de historia conseguiu outro ascenso, como líder da categoría, con 128 goles a favor e 17 en contra.

O equipo xogou en Rexional Preferente ata 2010, cando conseguiu o seu primeiro ascenso a Terceira División como subcampión da categoría.

En 2016, o Inter trasladouse de Moraleja de Enmedio a Boadilla del Monte.

Na tempada 2017/18 proclamouse campión do grupo madrileño de Terceira División e superou a promoción de ascenso contra o Tenerife B, conseguindo o ascenso a Segunda B.

Datos do club editar

Tempadas en Segunda división B de España:2

  • Mellor lugar: 14º
  • Peor lugar: 14º

Tempadas en Terceira División Española: 8

  • Mellor lugar: 1º (2017/18)
  • Peor lugar: 16º (2015/16)

Palmarés editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar