Interlingua (adquisición da linguaxe)

O termo interlingua (interlanguage en inglés) foi cuñado por Selinker en 1969 para referirse ás gramáticas provisionais que ían construíndo os estudantes dunha lingua estranxeira conforme se aproximaban á lingua que pretendían aprender. Este termo desprazou outros parecidos como sistema aproximativo ou competencia transicional.

Significado editar

En termos xerais, o termo interlingua significa dúas cousas:

  1. o sistema lingüístico do estudante nun punto dado do tempo e
  2. o rango de sistemas entrelazados que caracterizan o desenvolvemento dos estudantes no tempo. Este sistema vai evolucionando conforme se van aprendendo novas estratexias lingüísticas para comprender a linguaxe recibida e controlar a produción propia.

Desenvolvemento editar

Selinker estima que o desenvolvemento da interlingua é diferente do proceso de desenvolvemento da lingua materna (L1) dada a probabilidade de fosilización da lingua estranxeira (L2). A fosilización consiste, precisamente, en cesar de elaborar a interlingua en certo aspecto. Así, moitos emigrantes poden pasar décadas inmersos noutra cultura e lograr un vocabulario amplo e unha gramática variada pero, por exemplo, reter o acento da súa lingua materna.

Tense analizado a interlingua de estudantes con linguas maternas diferentes e descuberto que existe certa sistematicidade no seu desenvolvemento.