Instituto Pasteur

organización sanitaria

Coordenadas: 48°50′24″N 2°18′42″L / 48.84000, -2.31167

O Instituto Pasteur de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuír á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as infecciosas, a través da investigación, a ensinanza e as accións de saúde pública.

Edificio do antigo Instituto Pasteur

Historia editar

O instituto fundouse o 4 de xuño de 1887, grazas a unha subscrición nacional, sendo inaugurado o 14 de novembro de 1888.

O seu nome alude a Louis Pasteur, fundador e primeiro director que desenvolveu o soro antirrábico. Durante máis dun século, o Instituto Pasteur estivo na investigación de punta nas enfermidades infecciosas. Ao longo da súa existencia, contribuíu con descubrimentos que permitiron á medicina controlar enfermidades virulentas como a difteria, o tétanos, a tuberculose, a poliomielite, a gripe e a febre amarela. O instituto foi o primeiro laboratorio que logrou illar ao HIV, que provoca a SIDA.

Dende 1908, oito científicos deste Instituto obtiveron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar