Inside Man

filme de 2006 dirixido por Spike Lee

Inside Man é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Spike Lee e escrito por Russell Gewirtz. Conta a historia dun elaborado roubo en Wall Street. Está protagonizado por Denzel Washington no papel do detective Keith Frazier, un negociador da Policía de Nova York, Clive Owen como Dalton Russell, a mente mestra que orquestra o roubo, e Jodie Foster como Madeleine White, unha broker de Manhattan que se ve envolta no caso a petición do fundador do banco, Arthur Case (Christopher Plummer).

Inside Man
Ficha técnica
Título orixinalInside Man
DirectorSpike Lee
ProdutorBrian Grazer
GuiónRussell Gewirtz
Intérpretes
MúsicaTerence Blanchard
FotografíaMatthew Libatique
MontaxeBarry Alexander Brown
Estudio
DistribuidoraUniversal Pictures[1]
EstreaNova York: 20 de marzo de 2006
24 de marzo de 2006
Duración129 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento45 millóns de dólares[2]
Recadación186 millóns de dólares[2]
Na rede
http://www.universalstudiosentertainment.com/inside-man/ e https://www.uphe.com/movies/inside-man
IMDB: tt0454848 Filmaffinity: 858463 Allocine: 60285 Rottentomatoes: m/inside_man Mojo: insideman Allmovie: v324968 TCM: 621151 Metacritic: movie/inside-man TV.com: movies/inside-man
Allmusic: mw0000506776 Netlix: 70044379Editar o valor em Wikidata

Gewirtz dedicou cinco días a desenvolver a premisa antes de comezar a traballar no que se convertería no guión orixinal. Logo de completar o guión en 2002, Imagine Entertainment mercouno para que fose creado por Universal Pictures, con Ron Howard como director inicial. Logo de que Howard saíse do proxecto, o seu compeñeiro en Imagine, Brian Grazer comezou a buscar un novo director, contratando finalmente a Lee. A fotografía principal comezou en xuño de 2005 e rematou en agosto; a rodaxe produciuse en varias localizacións da cidade de Nova York. Inside Man estreouse en Nova York o 20 de marzo de 2006, antes de estrearse nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de marzo de 2006. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica e recadou 184,4 millóns de dólares en todo o mundo, sobre un orzamento de 45 millóns.

Personaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Inside Man (2006)". AFI Catalog of Feature Films. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Inside Man (2006)". Box Office Mojo. Internet Movie Database. Consultado o 30 de xuño de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar