A inmortalidade é a vida eterna ou a habilidade de vivir para sempre.[2] As formas biolóxicas teñen limitacións inherentes que as intervencións médicas non poden superar. A selección natural desenvolveu a inmortalidade biolóxica só nunha especie, a medusa Turritopsis dohrnii.[3]

A Fonte da Vida Eterna en Cleveland, Ohio é descrita como un "Home erguéndose sobre a morte, chegando no ascenso ata Deus e a Paz."[1]

Certos científicos, futuroloxistas e filósofos teorizaron sobre a inmortalidade do corpo humano, e defenderon que a inmortalidade do ser humano podería ser un obxectivo acadable nas primeiras décadas do século XXI, mentres que outros apostan pola prolonga da vida como un obxectivo máis probable a curto prazo. Aubrey de Grey, un investigador que desenvolveu unha serie de estratexias biomédicas de rexuvenecemento, cre que o seu plan para reverter o proceso de envellecemento pode ser implementado en dúas ou tres décadas.[4]

A crenza da inmortalidade da vida humana a través da alma é un tema recorrente na relixión, así como obxecto de especulación, fantasía e debate. En contextos relixiosos, a inmortalidade é un dos dons que Deus (ou outras deidades) conceden ós humanos que amosan bondade ou respectan a lei divina.

Símbolos editar

 
Un ankh.

Existen numerosos símbolos que representan a inmortalidade. O ankh é un símbolo exipcio da vida que tamén ten connotacións de inmortalidade cando aparece representado nas mans de deuses e faraóns. A banda de Möbius en forma de nó de trevo é outro símbolo de inmortalidade. Moitas representacións simbólicas de infinidade ou do ciclo da vida son usado a miúdo para representar a inmortalidade dependendo do contexto no que se atopen. Outros exemplos son o uróboros, o kanji dez, o fénix e o pavón.[5]

Notas editar

  1. Marshall Fredericks (2003). "GCVM History and Mission". Greater Cleveland Veteran's Memorial, Inc. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2009. Consultado o 14 de xaneiro de 2009. 
  2. "Oxford English Dictionary "Immortality"". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 01 de xaneiro de 2015. 
  3. Gilbert, Scott F. (2006). "Cheating Death: The Immortal Life Cycle of Turritopsis". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2009. 
  4. de Grey, Aubrey; Rae, Michael (setembro de 2007). Ending Aging: The Rejuvenation Breakthroughs that Could Reverse Human Aging in Our Lifetime. Nova York: St. Martin's Press. p. 416. ISBN 0-312-36706-6. 
  5. Wilson, Ralph F. "Peacock as an Ancient Christian Symbol of Eternal Life". Jesus Walk Bible Study Series. Consultado o 18 de xaneiro de 2011.