Ingemar Stenmark

esquiador sueco

Jan Ingemar Stenmark (|ˈɪŋː(ɛ)mar ²steːnmark|), nado en Joesjö o 18 de marzo de 1956, é un exesquiador sueco. Está considerado un dos máis destacados deportistas suecos da historia,[1] e un dos maiores especialistas en slálom e slálom xigante de todos os tempos.

Infotaula de personaIngemar Stenmark

(1979) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de marzo de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Joesjö, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Altura181 cm Editar o valor em Wikidata
Peso75 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesquiador alpino Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaSuecia Editar o valor em Wikidata
Deporteesquí alpino Editar o valor em Wikidata
Participou en
1988Esqui alpino nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1988 (pt) Traducir
1982Campeonato Mundial de Esqui Alpino de 1982 (pt) Traducir
1980alpine skiing at the 1980 Winter Olympics – men's giant slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1980alpine skiing at the 1980 Winter Olympics – men's slalom (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1978Campeonato Mundial de Esqui Alpino de 1978 (pt) Traducir
10 de febreiro de 1976alpine skiing at the 1976 Winter Olympics – men's giant slalom (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesBengt Fjällberg (pt) Traducir (curmán segundo) Editar o valor em Wikidata
Premios

Musicbrainz: ed4e1030-8686-4007-98c0-bfa4e7df8804 Olympic.org: ingemar-stenmark WikiTree: Stenmark-6 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Stenmark naceu en Joesjö (Laponia), mais a súa familia mudouse a Tärnaby, preto de Noruega cando tiña catro anos. Foi veciño de Stig Strand (tamén nado en 1956), que empatou con Stenmark no título da Copa do Mundo de slálom de 1983. Stenmark comezou a esquiar aos cinco anos e gañou a súa primeira competición nacional aos oito.

Stenmark debutou na Copa do Mundo en decembro de 1973 con dezasete anos. Gañou máis carreiras internacionais que ningún outro esquiador alpino na historia: 86 vitorias (46 en slálom xigante e 40 en slálom). O seu competidor masculino máis próximo é Marcel Hirscher, con 67 vitorias. Stenmark gañou só nas dúas disciplinas técnicas e poucas veces competiu nas outras disciplinas, xa que non estaba cómodo coas velocidades que superan os 120 km/h. Ten tamén o récord de maior marxe de vitoria nunha carreira da Copa do Mundo: 4,06 segundos por diante do segundo clasificado Bojan Križaj en Jasna, o 4 de febreiro de 1979. Stenmark foi coñecido como o campión tranquilo, con curtas, mais educadas, respostas ás preguntas dos medios de comuniciación.[1][2][3]

Polos seus tres títulos consecutivos da Copa do Mundo (1976–78), Stenmark gañou a medalla Holmenkollen en 1979 (compartida con Erik Håker e Raisa Smetanina). Stenmark tamén gañou a Medalla de Ouro Svenska Dagbladetl dúas veces (1975, 1978). A súa medalla de 1978 foi compartida co tenista Björn Borg, sendo os dous únicos homes que gañaron a medalla dúas veces (a esquiadora Anja Pärson recibiuna en 2006 e 2007).

No campionato do mundo de 1978 en Garmisch, Stenmark gañou o slálom por dous terzos de segundo e slálom xigante por máis de dous segundos,[2] e defendou con éxito ambos os títulos nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980. Nos seguintes mundiais de 1982 en Austria, tivo unha primeira rolda por debaixo da media no slálom xigante, sendo superado polo estadounidense Steve Mahre e gañando só a prata.[4][5][6] Stenmark recuperouse no slálom e converteuse no primeiro esquiador que gañaba o mesmo título en tres mundiais consecutivos.[7] Con vinte e cinco anos, foi a súa derradeira medalla nunha gran competición.

A Stenmark non lle permitiu participar nos Xogos Olímpicos de Saraxevo a Federación Internacional de Esquí (FIS) por aceptar directamente pagos promocionais, en lugar de a través da federación nacional de esquí.[8] Hanni Wenzel de Liechtenstein tamén foi vetado; ambos foran dobres campións olímpicos de 1980.[9][10] Marc Girardelli, que fora o mellor no slálom na tempada 1983-84 tampouco puido participar, neste caso por non ter a cidadanía de Luxemburgo, país polo que competía.[11] Stenmark puido volver ás competicións olímpicas en 1988,[3][12] pero xa pasara o seu momento e non logrou medalla, aínda que si tivo a segunda carreira máis rápida na competición de slálom. Retirouse da competición da Copa do Mundo ao final da tempada 1989, en marzo, días antes do seu 33 aniversario.[13]

Vida persoal editar

Stenmark estivo casado con Ann Uvhagen, azafata de Lufthansa entre 1984 e 1987,.[3][14] Teñen unha filla, nada en 1984.[15]

En 2016 casou coa súa moza, Tarja Olli de Jakobstad, Finlandia, coa que ten unha filla, nada en 2008.

Durante os anos 1976the years from 1976-1978, converteuse nunha icona nacional de Suecia xunto co tenista Björn Borg.[1] O status non cambiou cando se mudou a Mónaco en 1980 por razóns de impostos.[3][8] Aos corenta anos, gañou o campionato sueco Superstars championship de 1996.[16] O 26 de decembro de 2004, Stenmark sobreviviu ao terremoto do océano Índico mentres estaba de vacacións en Tailandia. En 2015 participou no concurso para famosos Let's Dance 2015, en que formou equipo coa bailarina profesional Cecilia Ehrling.[17]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Farber, Michael (18 de febreiro de 1980). "Ingemar Stenmark seeks fast way down - and out". Montreal Gazette. p. 18. 
  2. 2,0 2,1 Johnson, William Oscar (13 de febreiro de 1978). "Whipping the cream of the crop". Sports Illustrated: 22. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Montgomery, Paul L. (10 de xaneiro de 1988). "Stenmark, at 31, is proving he can still tack slalom". The New York Times. Consultado o 2 de abril de 2014. 
  4. "Steve Mahre takes giant slalom gold at World Alpine Ski Championship". Bend (OR) Bulletin. UPI. 3 de febreiro de 1982. p. D3. 
  5. Dobbin, Winsor (4 de febreiro de 1982). "Steve Mahre steps from shadow". Spokesman-Review. Associated Press. p. 27. 
  6. Johnson, William Oscar (13 de febreiro de 1982). "One Mahre time for America". Sports Illustrated: 22. 
  7. "Stenmark takes gold". Spokesman-Review. Associated Press. 8 de febreiro de 1982. p. 17. 
  8. 8,0 8,1 "Stenmark ruled ineligible to ski in Winter Olympics". Eugene Register-Guard. 29 de outubro de 1983. p. 3C. 
  9. "Ski stars banned from Olympics". Ottawa Citizen. Reuters. 26 de novembro de 1983. p. 71. 
  10. "Ruling slaps Stenmark". Bend (OR) Bulletin. UPI. 7 de novembro de 1983. p. D-4. 
  11. "Winter Olympics will take place without three alpine skiers". Palm Beach Post. wire services. 25 de xaneiro de 1984. p. D4. 
  12. "Stenmark, Girardelli cleared to compete". Spokesman-Review. Associated Press. 11 de decembro de 1987. p. 39. 
  13. "Skiing: Stenmark retires". Lewiston (ME) Daily Sun. Associated Press. 11 de marzo de 1989. p. 22. 
  14. "Stenmark marries airline hostess". Evening News (Newburgh-Beacon, NY). Associated Press. 10 de setembro de 1984. p. 4B. 
  15. "Stenmark finds skiing fun again". Eugene Register-Guard. Associated Press. 22 de novembro de 1986. p. 9C. 
  16. "Swedish Superstars". The Superstars. Consultado o 2 de abril de 2014. 
  17. Engman, Pascal (4 de febreiro de 2015). "Ingemar Stenmarks tuffa start i Let's dance" [Ingemar Stenmark's tough start in Let's dance]. www.expressen.se. Expressen. Consultado o 17 de abril de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar