O inflatoplano foi un avión experimental inflábel deseñado pola empresa estadounidense Goodyear. Aínda se pode contemplar no museo da aviación militar de Alabama.

Goodyear AO-3 Inflatoplane

Recentemente retomouse esta idea,[Cómpre referencia] combinándoa con novos materiais intelixentes, permitindo a concepción de ás inflábeis que poden variar a súa forma e tamaño para axeitar as súas propiedades aerodinámicas ás necesidades de cada momento.

Outra liña de investigación inclúe o uso de materiais que mediante certas reaccións físico químicas poden pasar de ser flexíbeis a ríxidos, permitindo así que o avión, unha vez inflado, poida converterse en ríxido.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar



 
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.