Industria do sexo

A industria do sexo é o termo dado á industria comercial das empresas que empregan a traballadores sexuais en varias capacidades, polo xeral relacionadas co que se describe como entretemento para adultos que inclúe erotismo, xa que comprende unha serie de formas de entretemento relacionados co sexo.

Unha traballadora sexual en Alemaña.

A industria do sexo representa unha parte importante da economía mundial. Orixinalmente baseábase en espectáculos en vivo tales como cabarés, pero por mor dos avances tecnolóxicos, a industria involucrouse en formatos multimedia, tales como sexo telefónico, vídeos caseiros, DVD, pay-per-view, vídeo streaming e vídeos baixo demanda.

Exemplos dos tipos modernos das empresas que operan na industria do sexo son Hustler (unha revista mensual para homes); SexTV: The Channel (unha canle de televisión dixital por cable); randimg.com (un popular sitio web), Artemis (un mega-bordel en Alemaña ), e Ann Summers (unha exitosa cadea británica de sex shops).