Independencia

condición dunha nación, país ou estado que exerce o autogoberno, e normalmente a soberanía, sobre o territorio

A independencia[1] é a condición dunha persoa, nación, país ou estado no cal os seus residentes e poboación, ou unha parte deles, exercen o autogoberno, e xeralmente a soberanía, sobre o territorio. O oposto á independencia é o status dun territorio dependente.

As Trece Colonias británicas da costa leste de América do Norte fixeron unha Declaración de Independencia en 1776.
Chile, unha das diversas colonias españolas en América do Sur, fixo unha declaración de independencia en 1818.

Concepto editar

Como concepto político apareceu coa Declaración de Independencia dos Estados Unidos en 1776[2] como resposta ó colonialismo europeo e estendeuse coas declaracións de independencia dos países latinoamericanos dependentes do Imperio español na Guerra de Independencia Hispanoamericana (1809-1824).

Outros conceptos editar

Distínguese de

  • autonomía, por ter esta segunda un atadallo subordinativo de carácter institucional a outro territorio ou goberno soberano, sen menosprezo de que o territorio autónomo poida desenvolver con liberdade as competencias que lle fosen asignadas.
  • neocolonialismo: Situación que se dá cando non existe plena independencia dun país, senón que o mesmo está sometido aos ditados culturais, lingüísticos e especialmente, económicos, doutro. O neocolonialismo -situación en que se achan algúns dos estados do terceiro mundo- oponse ó antigo colonialismo en que xa non acontece a ocupación directa do territorio mediante o emprego da forza militar.

Continentes editar

Exemplos: Iraq independizouse en 1932 (do Reino Unido); Taiwán independizouse o 15 de agosto de 1945 (do Xapón); Cimbabue independizouse en 1980 (sendo sucesor do estado non recoñecido de Rodesia (1965-1979).
Continente No. Último país en obter a independencia
 
     África 54   Sudán do Sur (2011)
     América 35   Saint Kitts e Nevis (1983)
     Asia 44   Timor Leste (2002)
     Europa 50   Montenegro (2006)
  Kosovo (2008)[3]
     Oceanía 14   Palau (1994)
     Antártida N/A condominio internacional de facto

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para independencia.
  2. Arciniegas, Germán (1980). «El invento de la independencia», en América en Europa, Bogotá, Planeta, pp. 123-144
  3. "Kosovo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16 de febreiro de 2008. Consultado o 30 de xullo de 2015. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.