Incredibles 2

filme de 2018 dirixido por Brad Bird

Incredibles 2 é un filme de animación estadounidense de 2018 producido por Pixar Animation Studios e distribuído por Walt Disney Pictures. Escrito e dirixido por Brad Bird, é a secuela do filme de 2004 The Incredibles e o segundo título da franquía. O seu argumento é unha continuación directa dos eventos do primeiro filme e conta as aventuras da familia Parr e a súa busca do equilibrio entre a súa vida como superheroes e como unha familia civil normal. Conta coas voces de Craig T. Nelson, Holly Hunter, Sarah Vowell e Samuel L. Jackson, que retoman os seus papeis do primeiro filme, e coas incorporacións de Huckleberry Milner (que substitúe a Spencer Fox), Bob Odenkirk, Catherine Keener e Jonathan Banks (que substitúe a Bud Luckey). A banda sonora foi composta por Michael Giacchino, que xa compuxera a música do filme anterior.

Incredibles 2
Ficha técnica
Título orixinalIncredibles 2
DirectorBrad Bird
ProdutorJohn Walker
Nicole Paradis Grindle
GuiónBrad Bird
Intérpretes
MúsicaMichael Giacchino
Fotografía
  • Mahyar Abousaeedi
  • Erik Smitt
MontaxeStephen Schaffer
Estudio
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaOs Ánxeles: 5 de xuño de 2018
15 de xuño de 2018
Duración125 minutos[1]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Orzamento$200 000 000[2][3]
Recadación$1 141 000 000[4]
Filme anteriorThe Incredibles
Na rede
https://movies.disney.com/incredibles-2 e https://disney.co.uk/movies/incredibles-2
IMDB: tt3606756 Filmaffinity: 596458 Allocine: 198937 Rottentomatoes: m/incredibles_2 Mojo: theincredibles2 Allmovie: v596222 TCM: 2134634 Metacritic: movie/incredibles-2
Twitter: TheIncredibles Editar o valor em Wikidata

Personaxes editar

Notas editar

  1. British Board of Film Classification (ed.). "INCREDIBLES 2". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2018. 
  2. Tom Brueggemann (17 de xuño de 2018). IndieWire, ed. "Pixar to the Rescue! ‘Incredibles 2’ Sets Records, and Revives Hope for the Summer Box Office". Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  3. Anousha Sakoui; Leslie Patton (16 de xuño de 2018). Bloomberg, ed. "'Incredibles 2’ Smashes Record, a Balm for Disney After ‘Solo’". Consultado o 18 de xuño de 2018. 
  4. Box Office Mojo (ed.). "Incredibles 2 (2018)". Consultado o 26 de agosto de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar