In vino veritas é unha locución latina que significa literalmente "no viño está a verdade". Aínda que a frase aparece na Naturalis Historia [1] de Plinio o Vello do seguinte xeito "volgoque veritas iam attributa vino est", é dicir "e xa popularmente a verdade foille atribuída ao viño..." pertence ao poeta lírico grego Alceo de Mitilene, cuxa obra conservamos de xeito moi fragmentado. Este foi un dos primeiros poetas do viño e a rosa, que influíron notablemente en Horacio. A obra deste último, moito mellor conservada, contén numerosas alusións ao viño.

In vino veritas por Pólya.

Co tempo, esta expresión converteuse no título dun famoso ensaio do poeta danés Soren Kierkegaard, escrito a modo de imitación do Banquete de Platón. Trátase dun diálogo entre cinco estetas que departen en torno a unha boa mesa sobre os praceres sensuais.

A expresión adoita empregarse para dar a entender que o estado de embriaguez que proporciona o viño fai ás persoas ser máis sinceras.

Véxase tamén editar

Notas editar

Ligazóns externas editar